Sábado, 11 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 10 de Abril de 2026 a las 20:07:06 horas

Xornal21.es
Martes, 28 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O BNG agradece "o apoio recibido e promete estar á altura da confianza outorgada"

O BNG de Ponteareas amosou a súa “enorme satisfacción” por un resultado electoral que consideran “histórico e o froito de décadas de traballo na oposición e de catro anos de goberno, cos que por fin logramos a confianza dunha maioría de ponteareáns”.


Os nacionalistas pasan de cinco a nove concelleiros na corporación, a tan só dous da maioría absoluta e case duplican o seu apoio electoral ao pasar de 2.297 a 4.099 votos (o 34%), converténdose na primeira forza política a moita distancia da segunda, o Partido Popular, que obtivo cinco concelleiros e 2.696 votos (o 22%).


O alcalde Xosé Represas agradeceu “o amplísimo apoio recibido” e afirmou ser “consciente da xenerosidade dos ponteareáns cara nós e o noso proxecto ao darnos unha confianza maioritaria. Estaremos á altura do que tanta xente espera de nós. Dixemos na campaña que despois de recuperar economicamente o Concello agora viría o mellor, e así o demostraremos con feitos e realidades nos vindeiros catro anos”.


Para o alcalde, “o apoio recibido é un recoñecemento ao difícil traballo que tivemos que facer estes catro anos. Agora, coa ampla maioría conseguida, a veciñanza outorgounos a súa confianza por catro anos máis para que demostremos o que podemos facer para transformar Ponteareas, e non os defraudaremos”.


Represas tendeu a man ao resto de forzas políticas “para traballar xuntas, desde o goberno ou desde a oposición, polos intereses de Ponteareas e para mellorar a calidade de vida da cidadanía”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.