GALICIA
A Xunta participa en Portugal nun simulacro europeo de emerxencias
As simulacións comezan hoxe e prorrogaranse ata o 1 de xuño
A Xunta de Galicia participa a partir de hoxe en Portugal no exercicio europeo EU Cascade 2019, un simulacro de emerxencias que terá lugar en distintos puntos de Portugal desde hoxe e ata o 1 de xuño e que ten co obxectivo principal comprobar e poñer a punto a resposta operativa e a colaboración internacional ante emerxencias complexas. Ademais de España e Portugal, tamén tomarán parte no mesmo Alemaña, Bélxica, Croacia e Francia.
Galicia forma parte dun continxente español, liderado pola Dirección Xeral de Protección Civil e Emerxencias do Ministerio do Interior, no que tamén están integrados efectivos de Andalucía e País Vasco. Os técnicos galegos, coordinados polo subdirector de planificación e protección civil da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, proceden da Axencia Galega de Emerxencias (Axega), dos bombeiros de Ferrol, e da Unidade de Rescate Cans de Salvamento de Galicia (Casaga).
En total, o módulo español -que intervirá principalmente na zona de Cascais- está composto por 35 persoas, 18 vehículos, 5 cans e catro dons. Galicia aporta as capacidades de busca técnica e valoración da zona cos seus drons, que transmitirán imaxes ao Posto de Mando Avanzado en tempo real; e de busca con 3 cans de salvamento. Os profesionais galegos desprazados serán un total de 8, sumando o persoal da Axega, dos Bombeiros de Ferrol e de Casaga.
Galicia forma parte dun continxente español, no que tamén estarán efectivos procedentes de Andalucía e País Vasco
Máis de 30 escenarios diferentes
O simulacro, organizado pola Autoridade Nacional de Protección Civil de Portugal (ANPC), está cofinanciado pola Comisión Europea no marco do Mecanismo de Protección Civil da Unión Europea.
A través do mesmo, poderase comprobar en máis de 30 escenarios diferentes a resposta operativa dos cincos países participantes, co obxectivo de contribuír a unha mellora da capacidade de resposta conxunta e integrada ante emerxencias complexas.
O exercicio baséase nun enfoque multirrisco, no que se suceden diferentes emerxencias en catro distritos portugueses diferentes: Aveiro, Lisboa, Setúbal e Évora. A secuencia sería a seguinte: un evento climático adverso que afectaría a Aveiro, con graves consecuencias en infraestruturas e nunha presa; un evento sísmico no sur do país, con impacto en Lisboa, Setúbal e Évora, con consecuencias en infraestruturas críticas; e escenarios de contaminación marítima. En total, traballarase en 22 municipios diferentes.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151