AS NEVES
O BNG das Neves amósase moi satisfeito co respaldo ao goberno de Xosé M. Rodríguez
“A veciñanza apoiou a xestión destes catro anos e castigou ao Partido Popular co peor resultado da súa historia”, explican os nacionalistas
O grupo municipal do BNG nas Neves amosouse moi satisfeito co resultado electoral obtido o pasado domingo, no que os nacionalistas revalidaron as catro concellerías obtidas xa en 2015 co alcalde Xosé M. Rodríguez Méndez á fronte.
A agrupación nacionalista agradece á veciñanza o apoio recibido “que nos permitiu estar a piques de superar ao Partido Popular e ser a forza máis votada. Tan só 113 votos nos separaron dese logro”. Para o Bloque, o mandato da xente das Neves “foi moi claro, apostando pola continuidade do goberno actual e do alcalde Xosé M. Rodríguez nos vindeiros catro anos”.
Segundo o BNG, os resultados acadados son un “recoñecemento e un respaldo da xente á boa xestión realizada polo goberno encabezado por Rodríguez Méndez nestes catro anos. Ao mesmo tempo a veciñanza castigou ao PP co peor resultado da súa historia, deixando claro que a maioría quere que o cambio iniciado continúe sen volver atrás”.
Dende o BNG amosan unha grande ilusión coas perspectivas dos vindeiros catro anos, pois “revalidando o goberno e a alcaldía agora iremos a máis na transformación das Neves, dando resposta eficaz ás necesidades das persoas. Na pasada lexislatura moitos proxectos víronse aprazados pola catástrofe do incendio de 2017, pero agora, superada esa situación, poderemos continuar atendendo todos os retos que temos por diante”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22