GALICIA
Fabiola García salienta a solidariedade das familias galegas que acollerán a 84 nenas e nenos saharauís
Achéganse 75.000 euros para o traslado dos menores procedentes dos campamentos de refuxiados de Tindouf, en Alxeria
A conselleira de Política Social, Fabiola García, sinalaba esta semana que a hospitalidade e a vontade de axudar definen á maioría das galegas e galegos. Díxoo na firma do novo convenio de colaboración coa asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (Sogaps) para a nova edición do programa Vacacións en Paz, que permitirá a 84 nenas e nenos procedentes dos campamentos de refuxiados de Tindouf (Alxeria) pasar o verán en Galicia con familias de acollida.
Con este acordo, a Xunta contribúe a que familias saharauís teñan a posibilidade de que as súas fillas e fillos gocen dunha estancia agradable, humana e culturalmente enriquecedora baixo o coidado en fogares galegos. Ademais de dar visibilidade á situación que actualmente viven estes menores, con este acordo promóvense valores como a tolerancia, o respecto, a convivencia e a integración, e axúdase a perfeccionar a aprendizaxe da lingua castelá e galega que estudan nos programas escolares.
Ofréceselles unha estancia agradable e enriquecedora, durante a que poderán gozar de máis alternativas de ocio e tempo libre, así como perfeccionar a aprendizaxe do galego e o castelán
A iniciativa tamén supón que as nenas e nenos participantes desfruten de maiores posibilidades de lecer e tempo libre que as que teñen no lugar de onde proceden. Ademais, evítase a súa estancia nos campamentos de Tindouf durante os meses de xullo e agosto, cando o as temperaturas máis altas poden chegar a superar os 50º graos.
A Consellería de Política Social achega 75.000 euros a Vacacións en Paz, o 80% dos cales son satisfeitos de maneira anticipada para garantir a posta en marcha do programa e o traslado dos menores. Así mesmo, a Xunta aproveita esta iniciativa solidaria para difundir entre as familias que reciben menores saharauís o programa de acollemento de nenas, nenos e adolescentes que están baixo a protección da Administración autonómica.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151