GALICIA
Preto de 200 axentes participan hoxe na AGASP nun curso sobre as novas tipoloxías de piratería
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, inaugurou hoxe esta actividade, impulsada polo Sindicato Unificado de Policía (SUP)
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, inaugurou hoxe na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) un curso formativo, impulsado polo Sindicato Unificado de Policía (SUP), sobre as novas tipoloxías de piratería na internet. Na actividade están a participar uns 200 axentes das forzas e corpos de seguridade.
No acto estivo acompañado polo Xefe Superior da Policía Nacional en Galicia, Manuel Vázquez, e polo comisario da Policía Autonómica, Fernando Pico.
Na súa intervención, Villanueva destacou a importancia de impartir este tipo formacións para seguir avanzando na prevención de condutas delitivas a través da rede, en tanto os avances tecnolóxicos e redes sociais obrigan á constante actualización dos axentes nestas materias.
Entre os poñentes da xornada destacan, entre outros, o xuíz José Antonio Vazquez Taín; ou o fiscal de Criminalidade informática da Coruña, Luis Vázquez Seco.
Esta actividade inscríbese no convenio asinado no ano 2015 entre a Xunta e o Ministerio de Interior, permite que cada ano mais de 3.000 policías nacionais e gardas civís se formen na AGASP, converténdoa en referente formativo e punto de encontro.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60