GALICIA
Fabiola García enxalza as Casas do Maior por garantir unha atención profesional e facilitar a conciliación
Ratifica a aposta da Xunta por desenvolver recursos de proximidade que permitan aos galegos de máis idade ser atendidos na súa contorna
A conselleira de Política Social, Fabiola García, enxalzou a entrada en funcionamento das novas Casas do Maior que garanten unha atención profesional e tamén a conciliación no rural. Fíxoo esta mañá na visita ao primeiro equipamento deste tipo que se puxo en marcha en Galicia e que está emprazado no concello pontevedrés de Pazos de Borbén.
Fabiola García ratificou a aposta da Xunta de Galicia por desenvolver recursos de proximidade que permiten aos galegos de máis idade ser atendidos na súa contorna, tal e como fai este servizo, á par que ofrece máis facilidades de conciliación ás familias que coidan dos seus maiores.
Cómpre recordar que as Casas do Maior seguen a filosofía das Casas Niño, pero adaptadas ás persoas de máis 60 anos que se atopan en situación de dependencia moderada ou severa (graos I e II). Estes centros, emprazados en concellos de menos de 5000 habitantes, están abertas un máximo de 8 horas cada día, con flexibilidade horaria e con todas as garantías de seguridade e calidade esixibles.
O Goberno galego inviste máis de 1 millón de euros na creación destes recursos
No caso concreto da Casa do Maior de Pazos de Borbén, chamada A Lavandeira, comezou a actividade este mes de maio e xa atende a tres persoas. Neste sentido, a conselleira gabou a iniciativa de persoas como Selene Domínguez, promotora deste equipamento, por poñer a súa profesionalidade ao servizo dos demais e colaborar no obxectivo da Administración autonómica de seguir a avanzar cara a un rural dinámico, activo e que coide dos seus.
En total, a Xunta destina este ano á creación dunha trintena destes recursos máis de 1 millón de euros, dos cales, 400.000 euros son para apoiar os investimentos necesarios para adecuar as casas e os 600.000 euros restantes permiten o desenvolvemento da súa actividade. O Executivo autonómico traballa nunha nova convocatoria de axudas para que Galicia conte con 60 Casas do Maior antes de que remate a lexislatura.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60