Lunes, 22 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 28 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Luis Blanco, mellor barista nacional, imparte unha masterclass ao alumnado do Curso de Auxiliar de Restaurante-Bar

O barista vigués quixo compartir os seus coñecementos e experiencias sobre como elaborar un bo café

Tras impoñerse na Gran final do XIII Campionato Nacional de Barista Fórum Café, celebrado en Vigo, como a persoa que mellor prepara café en España; Luis Blanco Valverde visitou este martes, 28 de maio, ao alumnado do Curso de Auxiliar de Restaurante-Bar da Fundación Érguete-Integración en Nigrán co que colabora o Concello de Nigrán.


 O vigués acudiu ao local do Pénjamo SunBar, na Praia de Patos (Nigrán), para dar unha masterclass de máis de dúas horas ás persoas alí presentes, que puideron aprender moito do Mellor Barista do país, que concorreu ao certame como Subcampión Barista de Galicia e que se impuxo a outros 15 aspirantes.


A visita didáctica comezou cunha pequena introdución ao mundo do café, os tipos que existen e as diferencias entre eles. Ademais, tamén fixo fincapé no tema da hixiene na hostalaría e realizou unha demostración de Latte Art, a técnica de facer debuxos no café.


Durante a xornada tamén acudiu ao lugar Juan González, alcalde do Concello de Nigrán, para visitar ás alumnas e alumnos e felicitar en persoa a Luis Blanco polos seus trunfos.  


O Programa Formativo do Curso de Auxiliar de Restaurante-Bar en Nigrán encádrase no proxecto Emprego Inclusivo promovido pola Deputación de Pontevedra e desenvolvido coa colaboración do Concello de Nigrán. A iniciativa está pensada para mellorar a empregabilidade das persoas en risco de exclusión social, facilitando a súa incorporación ou reincorporación ao mercado laboral, mediante formación ou capacitación técnica e prácticas en empresa e Itinerarios Individualizados de Inserción; que engaden á formación, os servizos de orientación e intermediación laboral.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.