Lunes, 23 de Marzo de 2026

Actualizada Lunes, 23 de Marzo de 2026 a las 08:26:37 horas

Xornal21.es
Jueves, 30 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Tres colexios tomiñeses participan na “Bienal dos Pequeninos” de Vila Nova de Cerveira

A IX EDUCARTE reforza a participación internacional con presenza de escolas do Brasil, Italia, Qatar, España e Portugal e un total de cinco mil estudantes

Tres centros de Primaria e Infantil de Tomiño acoden á novena edición de Educarte 2019, mostra de arte infantil e xuvenil incluída este ano na senda da Eurocidade Tomiño-Cerveira.

 

Os colexios de Sobrada, Goián e Tomiño (Pedro Caselles) asisten cos seus traballos, á exposición coñecida na zona coma a “Bienal dos Pequeninos”, e inaugurada esta mañá coa presenza de autoridades de ambos os municipios fronteirizos.

 

Vila Nova de Cerveira, tamén coñecida coma “Vila das Artes”, volve a impulsar unha edición máis de EDUCARTE, no Salón Multiusos do Cineteatro de Cerveira, até o 1 de xuño.

 

A IX edición asume unha maior internacionalización, coa presenza de 952 traballos de 14 escolas de cinco países, nun total de 5.000 alumnos e alumnas.

 

Coa intención de desenvolver competencias, habilidades e talentos nas áreas artísticas, nunha perspectiva de inclusión, Vila Nova de Cerveira, coa colaboración das escolas do concello e demais entidades, organiza cada dos anos esta exposición de traballos artísticos exclusivamente elaborados por nenos e mozos.

 

Considerado un evento de referencia no seo da comunidade educativa do Sur de Pontevedra e Norte de Portugal, EDUCARTE  ten espertado o interese de municipios veciños como Camiña e Valença do Minho, así coma, superando fronteiras, de Tomiño (por primeira vez en 2016).

 

Para o presidente da Cámara Municipal de Cerveira, Fernando Nogueira, “non hai nada mellor do que espertar o bichiño da arte e exercitar a vea artística entre os nenos e mozos, e as entidades públicas teñen a obrigación de fomentar esas ganas, a través da oferta de recursos”.

 

A exposición presenta tamén unha compoñente interactiva coa dinamización de talleres, con la colaboración da Fundación Bienal de Arte de Cerveira, do Aquamuseu do río Miño, do Convento San Payo e do CITCEM - Centro de Investigación Transdisciplinar da Universidade do Porto.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.