Miércoles, 22 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 22 de Abril de 2026 a las 20:46:29 horas

Xornal21.es
Miércoles, 29 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

“Turismo Rías Baixas” invita a acudir este próximo fin de semana á IV Feira do Pan do Porrio

Santos Héctor, deputado delegado de Turismo, no nome da Deputación de Pontevedra invitou a todos cantos poidan acudir á IV Feira do Pan do Porriño que terá lugar os vindeiros días 1 e 2 de xuño. Este mediodía celebrouse en Pontevedra, na sé de “Turismo Rias Baixas” a presentación a nivel provincial deste certame que complementou a presentación previa que se fixo no Concello de Porriño o pasado 20 de maio. A esta comparecencia en Pontevedra asistiu Eva García, alcaldesa de Porriño, que lembrou que dende a súa chegada ó goberno municipal “prestamos o noso apoio á ACIPOR e ós panadeiros para celebrar este evento que serve de referencia”.

 

“Querdo dicir que ademáis do que Porriño significa industrialmente, económicamente e culturalmente, o pan de Porriño é unha seña de identidade e a nosa obriga era darlle o lugar que merece”, engadiu a alcaldesa.
Lembremos que haberá 16 stands que acollerán ás oito panaderías de Porriño así como a diversas marcas e produtos convidados. Abrirán o sábado 1 de xuño ás 10 horas, na praza de San Benito, aínda que o pregón inaugural será a mediodía a cargo de Carlos Alvarez. Ese mesmo día, a Feira albergará un “show cooking” mediante maridaxes de pan de Porriño con diferentes produtos en diversas posibilidades culinarias a cargo do centro EFA A Cancela de As Neves”, segundo comentou a presidenta de Acipor. Habilitarase tanto o sábado como o domingo unha carpa na Feira para que o público que o desexe poida xantar alí.

 

De novo a Feira do Pan do Porriño celebrará un certame alcumado “Empanadas no Ring” que tivera moita sona cando incorporouse o ano pasado.

 

O domingo 2, Acipor e os panadeiros porriñeses propoñen que todos os veciños e veciñas dispostas acudan a un almorzo “Brunch” con Pan do Porriño (prezos: 5 € adultos; 3 €, infantil). Tamén na última quenda da Feira terá lugar a “Cata de pans convidados” na que se medirán pans de Porriño, Cea, da Moa, Fisterra e o portugués Broa de Avintes.

 

Con este certame Porriño volve a reivindicarse como “a capital galega do pan” mentres agarda pola certificación de orixe pois aínda segue en tramitación pola Xunta de Galicia o rexistro da marca ‘Pan de Porriño’ que agardan os panadeiros locais.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.