GALICIA
A Xunta de Galicia sortea as prazas dos Campamentos de Verán
O sorteo, realizado por medios informáticos e mediante notario, ditamina as prazas concedidas tanto no procedemento xeral como nas reservadas para inclusión
A Xunta de Galicia realizou hoxe o sorteo das prazas que se ofertan este ano nos campamentos da Campaña de Verán 2019 que organiza a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. O sorteo, realizado por medios informáticos e ante notario, repartiu as prazas concedidas tanto no procedemento xeral como nas reservadas para inclusión.
Así mesmo, os beneficiarios recibirán a notificación durante o día de hoxe, aínda que a partir de mañá, na web de Xuventude publicarase a listaxe para que todos os solicitantes, co seu número de expediente, poidan comprobar os resultados.
Por outra banda, cómpre informar que o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da orde relativa á adxudicación temporal do uso de instalacións xuvenís dependentes da Consellería Política Social para poñer en marcha actividades dentro da Campaña de Verán 2019. Esta utilización farase fóra das quendas organizadas pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
Campaña de Verán
Cómpre recordar que a Campaña de Verán 2019 pon á disposición da mocidade, baixo a lenda O verán que queres vivir, 9834 prazas, 62 máis que o ano anterior. A proposta de actividades para os meses de xullo, agosto e setembro inclúe campamentos, programas de intercambios con outras comunidades autónomas, actividades concertadas, actividades para maiores de 18 anos e campos de voluntariado.
O resultado do mesmo darase a coñecer na páxina web de Xuventude a partir de mañá, aínda que os beneficiarios recibirán notificación durante o día de hoxe
Nestas actividades poderán participar as mozas e mozos a partir dos 9 anos e ata os 30. Todos os campamentos están abertos a persoas con discapacidade, e ademais este colectivo ten unha convocatoria específica para persoas de entre 11 e 40 anos. Así mesmo, hai 100 prazas reservadas para menores de idade que están baixo o sistema de protección da Xunta e outras 52 para fillas e fillos de mulleres vítimas de violencia de xénero.
Esta campaña de verán incorpora como tres novos campamentos dos 21 que ofrece: Aldea Perdida na Granxa Zoo de Grixalba, en Sobrado dos Monxes; outro sobre astronomía no albergue de San Xoán de Río, en Ourense; e un novo campamento tecnolóxico nas instalacións xuvenís de Gandarío titulado Adestrando o meu robot.
Accións de voluntariado
Este ano tamén se incrementa o número de campos de voluntariado, os que se coñecían como campos de traballo, ata os 30 e con cinco propostas novas: A terra que habita no mar, no concello do Grove; outro de protección e recuperación das dunas de Corrubedo, en Ribeira; un terceiro de temática ambiental en Manzaneda; un campo en Ourense denominado Riós, una mar de castiñeiros; e por último, o primeiro campo de voluntariado intermunicipal que leva por nome Vía Xacobea: vía da prata e que se celebrará en Boqueixón e Vedra.
Desta maneira, os campos de voluntariado en Galicia que pon en marcha a Xunta de Galicia para este verán conteñen 643 prazas, 40 máis que había á disposición da mocidade no 2018. Cómpre lembrar que aínda hai prazas dispoñibles en varios destes campos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60