Vigo
Tres persoas falecidas e dúas feridas en Vigo despois de saírse da vía o vehículo no que viaxaban
Un total de tres persoas faleceron a noite pasada despois de envorcar o vehículo no que viaxaban ao saírse da vía, á altura de Teis, na AP-9, dirección Vigo. Foi precisa a intervención dos Bombeiros para liberar do interior do turismo a dúas das vítimas, a terceira, saíu despedida do turismo sinistrado. Ademais, no vehículo viaxaban outros dous mozos que resultaron feridos e foron trasladados polos servizos sanitarios ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
O accidente ocorreu sobre as 21:30 horas deste mércores. Foi a esa hora cando varios particulares chamaron ao 112 Galicia para alertar dos feitos. Informaban dun coche envorcado sobre a mediana da Autoestrada.
De inmediato, desde o 112 ademais de alertar ao 061-Urxencias Sanitarias, informouse aos Bombeiros da cidade e de Baixo Miño, Garda Civil de Tráfico, Policía Local e Protección Civil de Vigo e Redondela e ao persoal do servizo de Autoestradas. Tamén, se solicitou a intervención do persoal do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) para prestar apoio ás familias das vítimas.
Condutor indisposto ao volante
Un home necesitou asistencia sanitaria ao sufrir unha indisposición mentres conducía o seu vehículo á altura do número 1 do Camiño das Cardosas, en Santo André, Redondela. O condutor tras sentirse indisposto, saíuse da vía e bateu contra un farol de alumeado público.
Unha persoa particular foi quen contactou co 112 Galicia para informar dos feitos, ao fío das 20:15 horas da tarde de onte. De inmediato, os xestores do CIAE 112 puxeron os feitos en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, dos axentes da Policía Local e tamén dos membros de Protección Civil da localidade.
Nada mais chegar ao punto, os profesionais sanitarios estabilizaron á persoa para ser trasladada nunha ambulancia medicalizada ao centro hospitalario de referencia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58