Lunes, 13 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 13 de Abril de 2026 a las 10:40:25 horas

Xornal21.es
Lunes, 03 de Junio de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O CDL acollerá un novo curso de monitor de fútbol base

O Centro de Desenvolvemento Local (CDL) do concello de Ponteareas acollerá a partir do día 25 de xuño o curso federativo de monitor de fútbol base

O alcalde en funcións de Ponteareas, Xosé Represas, o Concelleiro de Deportes en funcións, Benito Márquez; o coordinador dos cursos en Baixo Miño e Condado da Federación Galega de Fútbol, José Luis Mosquera e o vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, Fernando Iglesias Figueroa presentaron  este novo curso do que se poderán beneficiar un total de cincuenta alumnos e alumnas.


O obxectivo deste curso é completar a formación de monitor de fútbol base mediante as ensinanzas conducentes á obtención do Diploma Federativo. Ten por finalidade proporcionar aos alumnos a adquisición dos coñecementos necesarios que lle permitan desenvolver a súa labor, mediante competencia técnica e profesional nas competicións organizadas pola Federación Galega, con profesionais que actuaron no ámbito do fútbol, empregando os medios materiais e humanos dos que dispón a Federación Galega de Fútbol.


Mosquera explicou que “insisten no aspecto pedagóxico para ensinalos a que sexan conscientes de que os cativos/as pasan por etapas. É  fundamental detectar en que etapa están para axeitar o xeito de ensinar ao momento polo que pasan.Os pequenos precisan contacto co balón e requiren un traballo individual para logo poder xogar en equipo. Nestes cursos ensinámoslle aos futuros adestradores a que observen aos seus alumnos/as, dámoslle ferramentas para traballar a nivel biomecánico, para que corrixan a pisada, o movemento dos brazos e a optimicen as capacidades que cada neno/a ten”.


Ao remate, os participantes obterán un diploma federativo de “Monitor de Fútbol Base”, especialidade: Fútbol, avalado pola Escuela Nacional de Entrenadores da RFEF, que a súa vez permite a convalidación do Bloque de Prácticas a realizar cando efectúen o curso federativo adestrador básico de fútbol.


O Concelleiro de Deportes, Benito Márquez, sinalou a importancia destes cursos “posto que non tratan exclusivamente de ensinar coñecementos específicos de fútbol aos rapaces, senón que tamén fan fincapé en cómo transmitir valores, en cómo saber tratar aos rapaces e rapazas, que teñen os seus propios problemas, as súas propias personalidades, e cos que hai que saber lidiar como adestrador, xa que ao fin e ao cabo, non deixan de ser un referente para eles”.


Para obter máis información deberán dirixirse ao número de teléfono 670 72 17 90 ou directamente na páxina web da federación no apartado adestradores na pestaña “escola” http://www.futgal.es/pnfg/NPortada?CodPortada=1000266

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.