Jueves, 23 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 22 de Abril de 2026 a las 21:33:57 horas

Xornal21.es
Sábado, 01 de Junio de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Festival de Cans proxectará as curtas gañadoras da súa XVI edición durante dous domingos consecutivos na Sala Ingrávida

As proxeccións darán comezo este domingo 2 de xuño ás 20h00 e contarán coa presenza dos cineastas Dani Viqueira e Aldara Pagán

A Sala Ingrávida acollerá as proxeccións das curtas galardoadas na XVI edición do Festival de Cans. Debido ao repartido que quedou o palmarés, esta tradicional sesión dividirase en dous días. Así, o público terá outra oportunidade para ver as pezas gañadoras o domingo 2 de xuño e o domingo 9 de xuño, ambas sesións ás 20h00 na Sala Ingrávida do Porriño. Esta listaxe de pezas e de gañadoras e gañadores reflicte a diversidade de creación e de estilos que supón o Festival de Cans, lugar de encontro de cineastas galegos que traballan en diversos países do mundo.

 

A primeira sesión contará coa presenza de Dani Viqueira -director de Limbo- elixida polo xurado como a Mellor curtametraxe de imaxe real e tamén Premio á mellor banda sonora para Germán Díaz. Tamén estará con nós a realizadora Aldara Pagán -O que precede á caída é branco-, Premio do xurado das veciñas e veciños de Cans. Antes das proxeccións estableceranse conexións con Khris Cembe, que os falará dende Brighton, Noelia Muíño dende Nova York e Mar García dende Barcelona. Todos eles realizadores e realizadoras das pezas gañadoras desta primeira sesión: The Widow de Noelia Muíño que acadou tres dos galardóns do palmarés (entre eles o de mellor guión, mellor realización e mellor dirección de fotografía para Asia Khmelova); Devalar de Mar García, que acadou o Premio do xurado de FuraCans á Mellor curta de non ficción; e Soy una tumba de Khris Cembe, Premio do xurado á Mellor curta de animación. Neste bloque tamén se proxectará “Vision”, tema de Window Pane, realizado por Peque Varela, Premio do xurado ao mellor videoclip.

 

 

 

 

A entrada para asistir aos pases de curtas gañadoras poden adquirirse dende xa mesmo por un prezo de 4 € a través de Ticketea

 

 

 

 

Na sesión do domingo 9 de xuño proxectaranse O que medra por dentro de Nacho Ozores, Premio AISGE á mellor interpretación masculina para Jaime Olías; De repente, la noche de Cristina Bodelón e Ignacio de Vicente, Premio AISGE á mellor interpretación feminina para Marta Nieto, que contou tamén coa Mención Especial do xurado das veciñas e veciños; Homomaquia de David Fidalgo, Mención Especial do xurado de animación; O neno bonito de Fran X. Rodríguez, Premio do Público á mellor curta de ficción e, por último, o Premio do público de videoclips: “Mártires” realizado por Andreia Táboas para Xoana.

 

O prezo da entrada será de 4€ e o aforo da sala é de 70 persoas. Os interesados e interesadas en acudir a estas dúas sesións poden facer dende xa as súas reservas na Sala Ingrávida chamando ao número 986 331 622, na súa web (http://www.salaingravida.gal) ou a través de Ticketea premendo no seguinte enlace: https://www.ticketea.com/entradas-cine-proxeccion-das-curtas-ganadoras-do-festival-de-cans-2019/

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.