Jueves, 12 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 02 de Junio de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O pazo de Gandarón acollerá a entrega dos III Premios Sofía Novoa Ortiz

Os galardóns, impulsados pola Deputación, recibiranos seis estudantes da Universidade de Vigo por incluír a perspectiva de xéneros nos seus traballos de fin de grao e máster

A presidenta de Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou a data de entrega dos III Premios Sofía Novoa Ortiz, os galardóns promovidos pola institución que recoñecen a inclusión de perspectiva de xénero nos traballos de fin de grao e de fin de máster da Universidade de Vigo. Así, o acto celebrarase o vindeiro 12 de xuño nos xardíns do Pazo de Gandarón, sede da Misión Biolóxica de Galicia. “Un ano máis non só apostamos pola igualdade e pola perspectiva de xénero, senón que tamén aproveitamos para poñer en valor un dos pazos máis fermosos da provincia e, dende logo, a relevancia da Misión Biolóxica, que dirixe outra muller: Elena Cartea”.

 

A presidenta provincial tamén quixo salientar algúns dos aspectos históricos máis relevantes do Pazo de Gandarón que, sendo propiedade da Deputación de Pontevedra, foi cedido á Misión Biolóxica de Galicia, instalada neste enclave dende o ano 1928. Silva recordou que esta edificación foi construída a finais do século XVIII polo Arcebispo Malvar Pinto e que o seu recinto foi rehabilitado entre os anos 2005 e 2009. En canto ao seu xardín, ideado por Jerónimo Malvar Taboada, destacan as coníferas, as palmeiras e as camelias. “De feito, “as flores das Rías Baixas” máis antigas do Pazo remóntase ao último terzo do século XIX”, recordou a presidenta.

 

Así, os xardíns do Pazo acollerán o acto de entrega dos galardóns Sofía Novoa, que este ano recaen en seis mulleres: Paula González, Laura Cao e Alba Vicente na modalidade de fin de grao; e María Dolores Fernandes, Andrea López e Belén Caeiro na modalidade de fin de máster.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.