Jueves, 12 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 03 de Junio de 2019 Tiempo de lectura:
Provincia

Este luns abre o prazo para anotarse na última ruta ornitolóxica “Voando nas Rías Baixas”

Terá lugar o domingo 16 de xuño, é gratuíta e a solicitude pode formalizarse en www.depo.es. En todas as rutas anteriores as prazas esgotáronse en escasas horas

A Deputación de Pontevedra abre este luns, 3 de xuño, o prazo de inscrición para participar  na última ruta ornitolóxica do programa “Voando nas Rías Baixas”, que impulsa a institución provincial en colaboración con SeoBirdlife.  Neste caso, a ruta terá lugar o 16 de xuño pola Serra do Suído (A Lama, Fornelos e Covelo) e ofértanse 25 prazas, totalmente gratuítas, que se cubrirán por orde de entrada da solicitude a través da páxina web www.depo.es. Cómpre ter en conta que en todas as rutas de “Voando nas Rías Baixas” as prazas esgotáronse en escasas horas.

 

A Serra do Suído trátase dun sistema montañoso de alto valor ecolóxico, con elevada presenza de aves rapaces e lobo ibérico. A súa principal característica son as altiplanicies nas que abundan os pastizais, monte baixo de brezos, toxos e carquexas e zonas baixas con vales, cursos de auga e bosques autóctonos. En primavera e verán a Serra do Suízo é ideal para observar grandes rapaces como o voitre leonado, a águia calzada, o abelleiro europeo, a águia cobreira ou o miñato. Amais, sobre as pendentes de monte existen exemplares de tartaraña cincenta, gatafornela, lagarteiro común, falcón peregrino, picanzo vermello e tordo charlo. Para poder observar todas as especies, a Deputación de Pontevedra porá a disposición das persoas participantes prismáticos, dous telescopios terrestres de alta gama para poder desfrutar de aves sen molestalas e unha guía de aves.

 

Con esta ruta pola Serra do Suído ponse fin á edición de 2019 do programa “Voando nas Rías Baixas” que comezou o 20 de xaneiro no Esteiro do Río Miño e Foz da Ramallosa no Baixo Miño e no Val Miñor e continuou o 10 de febreiro pola Enseada de San Simón na Ría de Vigo, o 3 de marzo pola Reserva Ornitolóxica do Grove e o 19 de maio polas Brañas de Xestoso.

 

“Voando nas Rías Baixas” ten por obxectivo converter a provincia de Pontevedra nun destino máis internacionalizado, máis desestacionalizado e máis sustentable. O turismo ornitolóxico é unha actividade que desestacionaliza e esperta un grande interese, sobre todo entre o público anglosaxón e centroeuropeo. Amais, con estas rutas estase a apostar por poñer en valor os recursos naturais, sensibilizando á poboación local, así como impulsando o desenvolvemento turístico e económico sustentable dos núcleos rurais en zonas de alto valor ecolóxico, a través da observación e o coñecemento das distintas especies de aves.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.