GALICIA
A nova Lei de Xogo obrigará ao control de acceso para menores
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, presentou o borrador da nova normativa ante a Comisión do Xogo
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, presentou hoxe ante a Comisión do Xogo de Galicia o borrador da nova normativa do sector, que virá actualizar a regulación vixente, que data de 1985.
Un dos principais obxectivos deste novo texto é adaptarse ás novas realidade e regular un xogo responsable, de aí que inclúa novidades como o reforzo dos controis ou a limitacións no número de establecementos.
Unha maior protección dos menores é unha das maiores apostas do texto lexislativo. No borrador establécese que todos os establecementos de xogo deberán ter a partir de agora control de acceso, para evitar a entrada de menores e das persoas que figuran voluntariamente no rexistro de prohibidos. Ata agora, este control de acceso era obrigatorio nos bingos, casinos e tendas de apostas, pero a partir de agora a identificación estenderase tamén aos salóns de xogo.
A nova forma de calcular as distancias máximas constitúe tamén un eixo fundamental de cara ao fomento do xogo responsable en xeral, e para a protección dos menores en particular. Así, manteranse os 150 metros de distancia entre os establecementos de xogo e os centros escolares con menores de idade, pero cambiará o sistema para medilos. Actualmente, calcúlanse tendo en conta as vías que usaría unha persoa para ir andando dun punto a outro. Coa nova lei pasarase a medir radialmente, co que na práctica a distancia será maior.
O texto inclúe outras novidades como a ampliación na práctica das distancias entre os establecementos de xogo
Ademais, unifícanse as distancias que deben separar aos distintos establecementos. Na normativa vixente, fíxanse 300 metros de distancia co mesmo tipo de establecemento: por exemplo, un salón de xogo con outro salón de xogo. Agora fixaranse eses 300 metros entre calquera tipo de establecemento de xogo, sexan do tipo que sexan. Isto é, un salón de xogo terá que estar como mínimo a 300 metros de distancia doutro salón de xogo, pero tamén dunha tenda de apostas ou dun bingo.
Limitación do número de salóns de xogo
O novo texto incluirá a limitación do número de salóns de xogo e tendas de apostas que se poden instalar en Galicia. Este mesmo mes o Consello da Xunta xa aprobou un acordo para limitar as autorizacións e evitar especulacións antes da entrada en vigor deste novo texto normativo. Este decreto está agora mesmo en trámite de exposición pública e foi outro dos temas tratados hoxe na Comisión de Xogo.
Deste xeito, o número de autorizacións en ambas tipoloxías estará limitado -igual que no acordo aprobado transitoriamente- ás que xa existen na actualidade e ás que están en tramitación. Isto é, o límite sitúase en 118 salóns de xogo (97 xa funcionando e 21 expedientes pendentes) e 41 tendas de aposta, todas funcionando e sen ningunha solicitude en tramitación na actualidade.
Nesta mesma liña, tamén se limitará o parque de máquinas recreativas e de máquinas de apostas. Actualmente, cando unha máquina se daba de baixa definitiva, podían autorizarse novas ata chegar ao límite máximo establecido. Coa nova normativa, as máquinas que se dean de baixa irán reducindo o límite máximo na proporción correspondente e non se poderán dar novas autorizacións.
A nova Lei tamén limitará o número de salóns de xogo, tendas de apostas e bingos
A regulación da publicidade dentro das competencias autonómicas será tamén unha das grandes apostas desta nova lei. Aínda que se remitirá a un desenvolvemento regulamentario posterior e máis específico, o novo texto xa determina que só se permitirá a publicidade en prensa escrita e limitada a supostos concretos e tasados na norma, así como nos locais específicos de xogo.
A nova Lei do Xogo tamén actualiza o réxime sancionador, cunha nova enumeración das faltas moito máis adaptadas á situación actual. Ademais, aclárase mellor quen é o responsable das distintas infraccións.
Ademais, outro aspecto destacable é que o novo texto establecerá unha nova composición da Comisión do Xogo, do que pasarán a formar parte tamén as consellerías de Educación Sanidade e Política Social; sectores afectados; a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp); as asociacións de ludópatas; e as asociacións de consumidores e usuarios. Ata agora, formaban parte desta Comisión representantes de distintos departamento da Xunta e dos salas de xogo, bingos e casinos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151