TUI
Evacuado en helicóptero despois de sufrir un accidente de tractor en Tui
O condutor dun tractor resultou ferido de consideración despois de envorcar co seu vehículo nunha finca situada en Rebordans, Tui.
Un equipo médico desprazouse ata o lugar do sinistro a bordo de helicóptero con base en Ourense para trasladaro ao ferido ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
Todo ocorreu ás 17 horas desta tarde, cando un veciño chamou ao 112 Galicia para pedir asistencia médica urxente para un home que manexaba un tractor e sufrira un accidente. Segundo sinalou, foron quen de liberar ao condutor, pero, con todo, necesitaba atención sanitaria. Así, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisou aos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, que enviaron á zona o helicópotero medicalizado con base en Ourense para a rápida evacuación ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
Ademais, o equipo médico contou co respaldo e apoio dos axentes da Policía Local e Garda Civil.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163