GALICIA
O Instituto de Medicina Legal de Galicia realizou en 2018 máis de 25.400 informes periciais
O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, e a directora do IMELGA, Beatriz Otero, presentaron esta semana en rolda de prensa a memoria correspondente ao ano pasado
O Instituto de Medicina Legal de Galicia (IMELGA) realizou durante 2018 un total de 25.437 informes periciais médicos, psicolóxicos e sociais. A maioría correspondéronse coa área médica (22.301), seguidos da psicolóxica (1.760) e social (1.376).
Así o detallaron esta semana o director xeral de Xustiza, Juan José Martín, e a directora do Imelga, Beatriz Otero, durante a presentación en rolda de prensa da memoria correspondente ao ano 2018 deste Instituto.
No caso da pericia médica, a maioría das actuacións relacionáronse co valoración física ou psicofísica. Estas valoracións realízanse en casos relacionados con agresións, lesións laborais, de tráfico, estados de saúde, capacidade laboral ou minusvalía. A continuación, sitúanse as pericias en psiquiatría forense (incapacidade, internamento, drogradicción) e outras, como as que se realizan dentro da valoración integral da violencia de xénero, que inclúe tamén as probas psicolóxicas e sociais.
A pericia psicolóxica, como vén sucedendo en anos anteriores, centrouse tamén en 2018 nas actuacións psicosociais en materia de familia, que supoñen o 72,25% da carga de traballo desta área. A continuación, pero con moita diferencia, sitúanse as valoracións propiamente psicolóxicas, como son as de credibilidade de testemuño en menores vítimas de abuso sexual, de dano psicolóxico ou da personalidade.
A materia de familia segue constituíndo o núcleo central dos traballos periciais psicolóxicos
Pola súa banda, a pericia social centra case a totalidade da súa actividade nas pericias conxuntas: ben en asuntos de familia, xunto coa pericia psicolóxica (85,92%) ou ben dentro das valoracións integrais de violencia de xénero (12,4%).
Patoloxía forense
O Servizo de Patoloxía Forense encárgase de todas as pericias que teñen por obxecto coñecer a causa e circunstancias da morte nos casos de morte violenta ou sospeitosa de criminalidade. En 2018 incrementouse nun 7,1% a actividade deste servizo, ao realizar un total de 1.972 autopsias.
No caso de morte natural (1.060 autopsias), a patoloxía máis numerosa foi a cardiovascular, que supuxo o 70,84% do total. Nestes casos a morte preséntase de forma rápida e inesperada, sen asistencia médica, polo que en moitas ocasións derívanse á investigación xudicial aínda que non haxa sospeita de criminalidade.
Pola súa banda, o grupo máis importante de mortes violentas -un total de 912- foron as accidentais (615), que inclúen as ocasionadas por accidentes de tráfico, laborais ou fortuítos. A continuación, dentro das mortes violentas, sitúase o suicidio (288), que por primeira vez en sete anos descende dos 300 casos, o que en termos porcentuais se traduce nun descenso do 11,11%. Neste caso concreto, as vítimas principais continúan sendo homes, cunha idade mínima de 18 anos e máxima de 97 anos. Por último, dentro do capítulo de mortes violentas, sitúanse as causadas por homicidio, un total de 9 en 2018.
Vítimas de accidentes de tráfico
O IMELGA realiza un estudo específico das vítimas mortais en accidente de tráfico. En 2018 foron un total de 138 persoas, o que supón un incremento do 20% en relación a 2017, cando foron 115.
En morte natural, a causa máis común foi a patoloxía cardiovascular; e en morte violenta, as accidentais
Segundo os datos, as vítimas máis numerosas continúan sendo homes (79,98%), fronte ás mulleres (21,01%). A diferencia entre sexos non se limita tan só á cifra, senón que tamén se traslada ás modalidades do sinistro: a maioría das mulleres faleceron por causa de atropelos ou circulaban como ocupantes, xa que as condutoras foron só o 27,58% das mulleres mortas. Pola contra, o 69,72% dos homes falecidos eran condutores. Por idade, a mortalidade en accidentes de tráficos ascendeu especialmente nas franxas de 35-39 anos e 65-74 anos.
En canto á modalidade do accidente, a saída da vía e a colisión entre vehículos foron as causas máis frecuentes. Ademais, atopouse alcohol ou drogas en 40 dos falecidos.
O Imelga
O Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) concentra a pericia pública oficial médico-legal, de psicoloxía e de traballo social forense. Dispón de sete subdireccións: A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela. Entre o seu persoal, conta con médicos forenses, psicólogos, traballadores sociais, funcionarios administrativos e auxiliares de autopsia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151