GALICIA
Feijóo demanda un procedemento de acceso á universidade “idéntico en todo o estado”
“O Estado das Autonomías non é un erro, o que me parece un erro é que ese Estado das Autonomías teña disfuncións que podemos e debemos corrixir”, di
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, demandou onte un procedemento de acceso á universidade “idéntico en todo o Estado” e que se celebre a mesma semana en todo o territorio.
Durante unha entrevista na cadea Cope, e logo de lembrar que as probas de selectividade en Galicia desenvólvense máis tarde que no resto do Estado, Feijóo lamentou que, mentres os informes PISA sitúan á Comunidade dentro das mellores de España en canto a un menor fracaso escolar e máis competencias en lectura, matemáticas ou ciencias, os rapaces galegos obteñen notas máis baixas nos exames de acceso á universidade que a media doutras autonomías, debido a un nivel de esixencia distinto.
Se ben, aseverou que a transferencia da xestión ordinaria da Educación é un precepto constitucional acertado, o presidente da Xunta incidiu en que o lóxico é que “a selectividade sexa a mesma semana en todo o territorio do país e que o exame sexa homologable e, se é posible, idéntico en todo o Estado”.
O Goberno galego instou xa en 2018 ao Executivo central a poñer en marcha as medidas necesarias para dar resposta á proposición non de lei aprobada por maioría na Cámara galega neste sentido
“O Estado das Autonomías non é un erro, o que me parece un erro é que ese Estado das Autonomías teña disfuncións que podemos e debemos corrixir”, abundou, referíndose, a modo de exemplo, ao feito de que as comunidades conten con libros de texto distintos, ao non funcionamento da inspección educativa ou á selección do persoal.
Cómpre recordar tamén que o Goberno galego, a través da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, instou xa o 4 de decembro de 2018 ao Goberno central a, no exercicio das súas competencias, poñer en marcha as medidas necesarias para dar resposta á proposición non de lei aprobada por maioría na Cámara galega o 27 de novembro, para que se articule un procedemento de acceso á universidade no que as probas de acceso garantan o mesmo nivel de esixencia e a igualdade de oportunidades para todos os alumnos, independentemente de en que comunidade autónoma residan.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151