Lunes, 13 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 13 de Abril de 2026 a las 10:40:25 horas

Xornal21.es
Jueves, 06 de Junio de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Represas cualifica aos seus edís coma “o mellor equipo que nunca antes tivo Ponteareas”

O Alcalde Xosé Represas e os concelleiros e concelleiras do BNG celebraron hoxe a súa primeira reunión de traballo na que analizaron o novo escenario político aberto tralas eleccións do domingo 26 que converteron aos nacionalistas na primeira forza política con nove edís.


No encontro quedou configurado o grupo municipal do BNG, formado por cinco mulleres e catro homes: Xosé Represas, Cristina Fernández, Roberto Mera, Verónica Carrera, Fernando Groba, Eva Gil, Miguel Bouzó, Rosa Covelo e Nahir Covelo.


Segundo explicou Xosé Represas, “todos os concelleiros e concelleiras do BNG asumirán responsabilidades no futuro goberno local. Agora, con nove representantes, catro máis que no anterior mandato, poderemos repartir máis as responsabilidades e traballar con moita máis eficacia”. O Alcalde salientou que os seus concelleiros e concelleiras “conforman o mellor equipo que nunca antes tivo Ponteareas para gobernar, persoas honestas, preparadas e ilusionadas ante o reto de transformar Ponteareas nos vindeiros catro anos”.


Dos nove concelleiros e concelleiras, cinco xa contan con experiencia municipal mentres que outros catro acceden por vez primeira á corporación e ao goberno local.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.