GALICIA
Política Social fomenta a participación activa da mocidade nos festivais de música
Busca promover a acción voluntaria entre os mozas e mozas, que ao mesmo tempo vivirán a experiencia do festival desde dentro
A Consellería de Política Social fomenta a participación activa da mocidade nos festivais de música de Galicia a través de SON Voluntario/a, programa que poñerá en marcha a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado en colaboración coa Asociación Empresarial de Galicia.
SON Voluntario/a nace coa finalidade de promocionar a acción voluntaria entre a xuventude e dar a coñecer os beneficios que reporta tanto a nivel persoal como social. Así, este programa está destinado aos festivais de música de Galicia e a eventos de similar natureza nos que as mozas e mozos participantes realizarán diferentes tarefas e vivirán a experiencia do festival desde dentro.
Algunha das tarefas das que se encargarán son: ofrecer información de interese sobre os servizos que ofrece o festival, facilitar a circulación das persoas dentro do recinto e realizar, de ser o caso, actividades de sensibilización medioambiental. Cómpre destacar que as quendas de voluntariado serán dun máximo de tres horas ao día.
A iniciativa poderase estender a eventos de similar natureza
As mozas e mozos voluntarios recibirán un bono de acceso ao festival ao que acudan, facilitado polos organizadores de cada evento, así como un certificado de experiencias voluntarias expedido pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Ademais, contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil, que correrá por conta da devandita Dirección Xeral.
Os participantes deberán ter unha idade entre 18 e 30 anos e terán que estar empadroados nalgún concello de Galicia. Previamente, todas as persoas seleccionadas deberán superar un curso básico sobre voluntariado que estará dispoñible na páxina web: http://www.voluntariadogalego.org. A maiores, terán que asistir a unha reunión previa á celebración do festival para establecer todas as cuestión de organización, solucionar dúbidas e repartir as identificacións necesarias.
As mozas e mozos que queiran vivir unha experiencia única como voluntarios en festivais de Galicia poderán inscribirse no programa SON Voluntario/4 da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado a través do formulario que estará dispoñible na páxina web, anteriormente citada, para cada un dos eventos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149