Viernes, 26 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 07 de Junio de 2019 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

A Xunta publica a transferencia ao Concello de Salvaterra de varios treitos de estradas autonómicas entre o centro urbano e Zacoteiras e na Avenida Rosalía de Castro

O cambio de titularidade enmárcase no convenio entre a Consellería de Infraestruturas e Concello para executar unha senda e mellorar o treito que cruza a vila ata a glorieta de Oleiros, cun investimento de máis de 680.000 euros

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica esta semana no Diario Oficial de Galicia a transferencia ao Concello de Salvaterra do Miño de varios treitos nas estradas PO-400 e PO-402 ao seu paso polo municipio, no tramo entre o centro urbano da vila e o núcleo de poboación das Zacoteiras e no treito da vía autonómica que coincide coa Avenida Rosalía de Castro.

 

Este cambio de titularidade enmárcase no convenio de colaboración asinado o pasado 17 de abril entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e o Concello Salvaterra de Miño,  que cun investimento autonómico de máis de 680.000 euros permite a execución dunha senda peonil nas estradas PO-400 e PO-402, entre o casco urbano e Zacoteiras, e a rehabilitación do firme na PO-400, no treito da avenida Rosalía de Castro que cruza o centro da vila ata a glorieta do núcleo de Oleiros.

 

Segundo estable este acordo, o Concello de Salvaterra do Miño -a quen lle  corresponde adxudicar, dirixir e executar estas actuacións- asume así con anterioridade á licitación das citadas obras a titularidade dos terreos de dominio público viario necesarios para materializar as actuacións comprometidas co departamento de Infraestruturas da Xunta.

 

No seguinte enlace ao DOG pódese consultar a información: http://xurl.es/vnn25

 

O Decreto publicado hoxe recolle o cambio de titularidade de todo o dominio público viario da estrada PO-400 (Salvaterra-Filgueira) no tramo comprendido entre o seu inicio e o punto quilométrico 2+320 (glorieta coa PO-402), permitindo así racionalizar a explotación da rede viaria.

 

O mesmo tamén recolle a aprobación da transferencia do dominio público viaria, salvo calzada e beiravía, na marxe dereita da PO-400 – na contorna da glorieta, entre os p.q. 2+320 e 2+380-, e na marxe esquerda, desde o p.q. 0 da PO-402 e 2+380. Finalmente tamén se transfire na marxe dereita da estrada PO-402, o dominio público viario na contorna da glorieta entre os p.q. 2+320 e 2+380, salvo calzada e beiravía.

 

A transferencia a prol do Concello de Salvaterra de Miño dos tramos destas estradas autonómicas tramítase de acordo co previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, que debe ser aprobado por decreto da Xunta, por proposta da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade como competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións implicadas.


Co cambio de titularidade aprobado o pasado día 23 de maio polo Consello da Xunta, o concello pontevedrés terá a competencia para actuar nestas vías e asume a responsabilidade da súa conservación e mantemento.


Con estas actuación o departamento de Infraestruturas da Xunta, en colaboración co Concello de Salvaterra do Miño, trata de fomentar aqueles investimentos que melloran as condicións de accesibilidade e mobilidade dos veciños e reforzan a seguridade viaria, coa finalidade dun desenvolvemento económico e social que aporte unha maior calidade de vida á cidadanía.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.