O PORRIÑO
O PP dí que "empresa e Concello incumpren as condicións do contrato do servizo de desbroces"
"O traballos continúanse a realizar con maquinaria e equipos propiedade do Concello e persoal municipal presta servizo xunto cos operarios da empresa" aseguran nunha nota de prensa.
O Partido Popular do Porriño critica que a empresa concesionaria do servizo de Desbroce de camiños públicos está a incumprir os termos do pliego de contratación.
O contrato adxudicado á empresa ASCAM en dous lotes (o primeiro deles dando cobertura ás parroquias de Atios, Cans, Budiño e Porriño e o segundo ás restantes do termo municipal) comprometían á empresa dispor traballadores e maquinaria propias.
"O pliego de condicións incluía a contratación de 22 traballadores da empresa para levar a cabo os traballos , así como a maquinaria e equipos necesarios para realizar estes labores, entre os que se atopa un tractor agrícola, desbrozadoras, etc..." explican
Os populares solicitan a rescisión inmediata do contrato
"Estas condicións contractuais polas que a empresa obtivo a concesión non se están a cumplir", denunciou Alejandro Lorenzo, "O número de traballadores contratados é moi inferior ao establecido. Conta esta empresa tamén con operarios municipais que realizan as funcións polas que está a cobrar a empresa e , á vista de todo o mundo, están usando maquinaria municipal e ferramentas municipais para levar a cabo estes traballos".
"En definitiva, estamos a pagar a unha empresa por servizos que presta persoal municipal con maquinaria e equipos municipais", concluíu Lorenzo.
Empresa adxudicataria e Concello están a incurrir no incumprimento das obrigas adquiridas no pliego de condicións polo que os populares solicitan a rescisión do contrato e responsabilidades sobre estos feitos os cales son en connivencia co Concello. Adiantan que denunciarán ante as autoridades competentes estes graves feitos a fin de que se investigue esta adxudicación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8