Miércoles, 11 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 08 de Junio de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O goberno de Carmela Silva pon en marcha un novo “Practicum Depo 2019”

O Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE) acaba de concederlle á Deputación novas achegas de fondos europeos de máis de medio millón de euros para levar a cabo esta iniciativa

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou onte en rolda de prensa a posta en marcha dunha nova edición do programa “Practicum Depo 2019” para a mobilidade internacional de estudantes e docentes de Formación Profesional da provincia a outros centros educativos en Europa. Así, Silva destacou que a institución provincial acaba de recibir novas achegas de fondos europeos de máis de medio millón de euros para levar a cabo esta iniciativa, coa que se van poñer en marcha 102 mobilidades que permitirán que alumnado e profesorado de 32 centros educativos de 19 concellos da provincia poidan coñecer as prácticas realizadas noutros países de Europa.

 

Máis polo miúdo, o prazo establecido para levar a cabo este proxecto é de dous anos, desde o 1 de xuño de 2019 ata o 31 de maio de 2021, e será distribuído da seguinte forma: as persoas tituladas en xuño de 2019 sairán entre setembro e outubro de 2019 e xaneiro de 2020; as e os tituladas/os en decembro de 2019 farán a súa saída en xaneiro de 2020; no que respecta ás persoas tituladas en xuño de 2020, sairán entre setembro e outubro de 2020 e xaneiro de 2021; e, por último, as persoas tituladas en decembro de 2020 farán a súa saída en xaneiro de 2021.

 

O obxectivo deste proxecto da Deputación de Pontevedra é fortalecer a educación e a formación da mocidade da provincia, así como favorecer a aprendizaxe profesional e de linguas estranxeiras. Tal e como informou Carmela Silva, nas tres edicións anteriores desta iniciativa “Practicum Depo” investíronse case 2 millóns de euros para o impulso da mobilidade de preto de 350 persoas, entre o alumnado e o profesorado de ciclos formativos, que viaxaron a países como Reino Unido, Irlanda, Italia, Malta, Países Baixos, Finlandia, Alemaña ou Polonia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.