Lunes, 23 de Marzo de 2026

Actualizada Lunes, 23 de Marzo de 2026 a las 22:25:36 horas

Xornal21.es
Miércoles, 12 de Junio de 2019 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Tomiño celebra cun amplo programa, a segunda Festa Agro LGTBI

O día 29 de xuño haberá unha serie de actos conmemorativos, coma conferencias, obradoiros, animación infantil, concertos, DJ, circo e máis sorpresas

Tomiño celebrará a súa segunda Festa Agro LGTBI cunha xornada completa de actos conmemorativos. Será o sábado 29 de xuño no Mercado Municipal, entre as 11.30 e as 21.30 horas, e haberá espectáculos circenses e de transformismo; concertos, DJ, obradoiros infantís, charlas, photocall e lectura do manifesto.

 

A festa, organizada polo voluntariado da oficina de Información Xuvenil (OMIX), comezará cunha sesión vermú artesá e o espectáculo circense Victoria. A las 12.30h terá lugar o primeiro obradoiro infantil “Trans*formando Realidades, a cargo de Sara Uris, e a conferencia “Entre a visibilidade e o paternalismo: a emerxencia do armario de cristal”, impartida por Ángel Amaro.

 

[Img #53956]Ás 13.30h haberá purpurina e brillantina biodegradables, para todos e todas as participantes e un photocall para fotografarse. Ás 14.30h hora para a comida cun Pícnic Comunitario (para o que haberá que traer a comida) que durará até pouco antes das 16.00h, momento no que se realizará o segundo obradoiro infantil, do mesmo tipo que o da mañá. A continuación celebrarase o espectáculos de transformismo “Escribiuse un crime”, con “Marinita y sus maromas”, compañía de teatro DRAG.

 

Ás seis da tarde, haberá un concerto de “Las Marikarmen”, un cabaret musical queer-pop, con músicos de distintas nacionalidades.

 

Para ás 19.30h está prevista a actuación de Russinha (DJ set) e coma peche da xornada, a lectura do manifesto, a cargo de Andrés Benítez Oliveira, produtor audiovisual e recoñecido membro do colectivo LGTBI do municipio tomiñés.

 

"Esta iniciativa xorde non só a raíz da necesidade de visibilizar ao colectivo LGTBI+ no ámbito rural, senón tamén como unha vía de reivindicación do campo como un lugar de oportunidades”, explican os organizadores.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.