CULTURA
Unha ducia de curtametraxes pasan á final da Sección Escolas Galegas do FICBUEU 2019
Doce curtametraxes realizadas en centros educativos integran a Sección Escolas Galegas do 12º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu, da que sairán os títulos gañadores das tres categorías nas que se subdivide este apartado do certame. A participación incrementouse dos 75 traballos enviados en 2018 ata os 93 rexistrados nesta ocasión, entre os que resultaron seleccionados os seguintes finalistas:
Categoría de educación especial, infantil e primaria:
- Abre tu mente - CEP Lois Tobío (Viveiro)
- Maruxa e Pepiño - CEIP de Guillarei (Tui)
- Novamente feliz - CEIP de Caión (A Laracha)
- Regueifando en Marín - CEIP do Carballal (Marín)
Categoría de educación secundaria:
- A contraluz - CPI Eusebio Lorenzo Baleirón (Dodro)
- Error 404. Girl not found - IES Politécnico de Vigo
- Mais eu non son eu - IES de Brión
- Mi mejor enemigo - IES Cacheiras
Categoría de centros de formación profesional e facultades:
- A ningunha parte - Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación (UVigo)
- Memorias de rodaxe - IES Audiovisual de Vigo
- Na memoria da túa esposa - Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación (UVigo)
- Pegaso 650 - IES Audiovisual de Vigo
Promover os novos valores do audiovisual é o obxectivo da Sección Escolas Galegas, na que os premios consisten en material audiovisual valorado nun total de 550 euros. O xurado está integrado polo sonidista Eloy Táboas, o músico e profesor Seso Durán e mais Alba Ferradás, graduada en Comunicación Audiovisual. As fitas gañadoras daranse a coñecer o 14 de setembro durante a gala escolar do FICBUEU 2019.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149