Viernes, 17 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 16 de Abril de 2026 a las 22:53:25 horas

Xornal21.es
Miércoles, 12 de Junio de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Ponteareas participou no encontro autonómico de Consellos de Participación Infantil

Catro alumnos/as dos centros educativos de Ponteareas acompañaron á concelleira en funcións de Mocidade

A concelleira en funcións de Benestar Social, Igualdade e Mocidade, Verónica Carrera, asistíu acompañada de Carmen, Enma, Nico e Hirut, alumnado dos centros educativos ponteareáns, ao Encontro Autonómico de Consellos de Participación Infantil que tivo lugar esta fin  de semana no concello ourensá de Castrelo do Miño.


No encontro participaron medio cento de representantes dos consellos locais de participación infantil e adolescentes de toda Galicia. Precisamente no pleno infantil celebrado estes días Ponteareas aprobou o regulamento de funcionamento do seu consello para que no vindeiro pleno ordinario se aprobe a súa constitución.


Os obxectivos das xornadas de traballo pasaron por intercambiar experiencias entre os diferentes consellos e brindar aos mozos e mozas a posibilidade de opinar e debater sobre temas que son do seu interese.


Organizado por UNICEF, promove a inclusión da infancia e da adolescencia nas políticas municipais coa súa participación e ofrecedéndolles recursos.


Ponteareas da un paso máis para obter a súa certificación como Cidade Amiga da Infancia.


“Na liña do noso obxectivo de facer de Ponteareas unha cidade participativa e comprometida, damos agora os últimos pasos para formalizar o consello da infancia e da mocidade en colaboración coa concellería de Ensino, que a veciñanza se involucre no seu futuro é indispensable para facer unha cidade na que vivir”, explica Verónica Carrera.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.139

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.