GALICIA
Fabiola García "o Voluntariado Miúdo impulsa a educación en valores das pequenas e pequenos"
1320 escolares de 12 centros diferentes puxeron en marcha este ano proxectos de acción voluntaria
A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou onte o papel do programa Voluntariado Miúdo para impulsar a educación en valores das pequenas e pequenos. Fíxoo no encontro que reuniu a máis de 200 participantes desta iniciativa e que tivo lugar no Parque do Lago da Cidade da Cultura.
Fabiola García agradeceu tanto ao alumnado como ao profesorado o seu esforzo por poñer en marcha diferentes accións de voluntariado durante este curso, que reforzan o carácter solidario de Galicia e que impulsan nos cativos e cativas valores como o traballo en equipo, o respecto pola natureza e o patrimonio ou o altruísmo.
Nesta edición máis de 1320 alumnos e alumnas de 12 centros diferentes puxeron en marcha iniciativas. Entre elas, destacan algunhas como un proxecto de patios inclusivos, que busca eliminar as dificultades que se poidan encontrar as nenas e nenos con discapacidade; un obradoiro para aprender a técnica da reanimación cardiopulmonar (RCP) na aula e actividades que fomentan os xogos tradicionais e defenden o coidado e respecto polos animais.
Desenvolveron iniciativas solidarias, un obradoiro de reanimación cardiopulmonar (RCP), actividades que fomentan os xogos tradicionais e defenden o coidado e respecto polos animais
A conselleira salientou que Galicia é unha das comunidades de referencia no ámbito do voluntariado, posto que na actualidade máis de 8000 persoas son voluntarias e, ademais, subliñou que é unha das pioneiras en recoñecer oficialmente esta experiencia cun certificado que é válido na Unión Europea.
Así mesmo, recordou que a participación en accións voluntarias en Galicia non ten idade, xa que abrangue todas as franxas, desde os máis maiores ata os máis pequenos, un feito que enriquece a sociedade galega. Por iso, garantiu o apoio da Xunta de Galicia a programas como Voluntariado Miúdo que consolidan a solidariedade e a hospitalidade como dúas das características que mellor definen á comunidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126