GALICIA
A Xunta impulsará campañas de sensibilización para loitar contra a violencia de xénero no ámbito sanitario
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, asinaron onte un convenio de colaboración neste sentido
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, asinaron onte un convenio de colaboración que ten como obxectivo impulsar a loita contra a violencia de xénero no ámbito sanitario, a través de medidas como campañas de sensibilización ou a formación dos e das profesionais.
O acordo, que se inscribe nas medidas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, está dotado cun investimento total de 290.000 euros. Con este orzamento, elaborarase un documento audiovisual preventivo-informativo sobre violencia de xénero para as pantallas dos centros de saúde de Galicia; un plan de formación especializada dos profesionais sanitarios, incluíndo a difusión de protocolos de actuacións; e o financiamento de formación específica en violencia de xénero que se impartirá a través dos colexios profesionais de medicina, farmacia, enfermaría, traballo social e psicoloxía.
O acordo inscríbese na execución do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, que conta con 16 millóns de euros para este ano en Galicia
O convenio asinado hoxe forma parte dunha serie de acordos ratificados entre os distintos departamentos da Xunta para impulsar medidas de carácter transversal ao abeiro do Pacto de Estado.
Así, xa se asinaron acordos de colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo; con Educación; con Medio Ambiente, Territorio e Vivenda; coa Secretaría Xeral para o Deporte; con Política Social; e con Medio rural. Tamén se están ratificando marcos de colaboración nesta materia coas Universidades galegas, co Colexio Oficial de Traballo Social ou co Colexio Oficial de Psicoloxía.
O Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero conta cun orzamento global de preto de 16 millóns de euros para este ano en Galicia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126