Galicia
Feijóo fai un chamamento para subirse ao tren da investigación oncolóxica e seguir sumando esforzos
Recoñece que para o Goberno galego a oncoloxía converteuse nunha liña de acción fundamental, coa implantación de 7 vías rápidas para a atención de distintos procesos oncolóxicos das que xa se beneficiaron máis de 16.400 pacientes
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, fixo hoxe desde o Premio Ramiro Carregal un chamamento para subirse ao tren da investigación oncolóxica e seguir sumando esforzos na loita contra o cancro.
Durante a entrega do VIII Premio Internacional de Investigación Oncolóxica, Científica e Técnica Ramiro Carregal e I Premio a Talentos Emerxentes en Investigación Oncolóxica, Feijóo aseverou que os galardoados, a doutora Anna Lluch e o doutor Pablo Menéndez, son un exemplo máis de que coa suma de esforzos os resultados serán cada vez máis sobresaíntes.
![[Img #53983]](https://xornal21.com/upload/images/06_2019/4133_carregal-6.jpg)
Así, da traxectoria da doutora Lluch destacou as súas ansias por innovar, por estar continuamente ao día e por querer coñecer o futuro antes que os demais e sempre coa investigación como pilar fundamental; e do premiado Pablo Menédez resaltou o seu labor de investigación en relación coa leucemia.
Ao longo do acto, o titular da Xunta recoñeceu que para a Administración autonómica a oncoloxía converteuse nunha liña de acción fundamental, coa implantación de 7 vías rápidas para a atención de distintos procesos oncolóxicos –mama, colon, próstata, pulmón, vexiga, cabeza e pescozo, e melanoma-, das que xa se beneficiaron máis de 16.400 pacientes. A este respecto, sinalou que o ano pasado se acadou un récord de exploracións, con 167.733 mamografías, nun programa de detección precoz no que participan xa o 80% das mulleres con idades comprendidas entre os 50 e 69 anos e que, segundo os datos provisionais, permitiu diagnosticar 655 casos de cancros de mama.
Ademais, dixo, de impulsar o diagnóstico precoz con programas de cribado, do protocolo da consulta de alto risco de cancro hereditario e asesoramento xenético e de aumentar, tamén, a ratio de recursos na oncoloxía radioterápica.
Nesta mesma liña, incidiu na importancia de implicar a toda a sociedade en adoptar estilos de vida saudables, cambiando os hábitos sedentarios e mellorando a alimentación.
Feijóo aseverou que a implicación das administracións nunca suporía sumar se non existisen grandes profesionais, o verdadeiro eixe sobre o que xira a boa saúde da sanidade pública e que co seu traballo conseguen que a porcentaxe de curación se incremente ano tras ano.
O responsable do Goberno galego concluíu agradecendo a implicación de Ramiro Carregal cuxo compromiso suma e súmase ao mecenado que desenvolven outras entidades como, por exemplo, a Fundación Amancio Ortega, implicada na mellora da radioterapia con novos aceleradores lineais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126