Viernes, 06 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 12 de Junio de 2019 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O PsdeG-PSOE de Salceda reivindica a súa "lexitimidade a liderar o goberno"

Os socialistas de Salceda veñen de emitir un comunicado no que aclaran que "presentámonos ás pasadas eleccións municipais coa idea de traer a Salceda 'un novo xeito de gobernar', ese foi o eixe da nosa campaña, baseado na mellora dos servizos á veciñanza, o benestar social, o diálogo e a participación cidadá. Un cambio necesario tras o estancamento dos últimos catro anos e fronte a un Partido Popular que deixou a Salceda no atraso tras 32 anos de goberno".

 

A Agrupación Socialista de Salceda expón" neste momento o goberno que merecen as veciñas e veciños; e así o trasladaron a comisión negociadora. A cuestión para esta agrupación non é quen vai gobernar senón como e para que, de ahí a proposta dun goberno en coalición acorde cos resultados. O imprescindible é que Salceda precisa outra forma de liderar, na que se desenvolvan temas tan importantes como o PXOM, o Polígono Industrial, servizos básicos e fomento de emprego e comercio; sempre desde o diálogo e consenso".

 

"Os outros partidos que obtiveron representación no consistorio tras estas eleccións municipais, falan de ser a lista máis votada ou de ser a lista máis votada da esquerda. O PsdeG-PSOE de Salceda de Caselas reivindica a súa lexitimidade a liderar un goberno de coalición; xa que non hai maiorías e unha candidatura que non alcanzou a maioría absoluta é por definición unha minoría. A única maioría absoluta posible é a suma das forzas de esquerdas, e queremos cumprir coa palabra dada mediante un acordo que garantice o compromiso co noso electorado e co pobo de Salceda" esplican dende a formación socialista.

 

Engaden que teñen "o proxecto válido para liderar o gobernos municipal, porque temos un proxecto e somos coherentes co exposto durante a campaña electoral así coma nos últimos catro anos. Declaramos que non iamos apoiar a alcaldía de Marcos Besada e expuxemos un proxecto que queremos levar adiante, todas as falacias saídas na prensa nos últimos días son inventos do Partido popular que non quere un goberno de progreso para Salceda, intentando entorpecer unhas negociacións en curso".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.