Martes, 10 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 14 de Junio de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación e o Colexio Oficial de Médicos renovan a colaboración para “Tempo de Saúde”

O programa está dirixido á mocidade, ás persoas maiores e asociacións con accións e charlas para informar e formar nunha mellor educación para a saúde

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, vén de asinar un convenio co Colexio  Oficial de Médicos de Pontevedra a través do cal se renova a colaboración para continuar co programa “Tempo de saúde”. Esta iniciativa, lanzada o ano pasado por primeira vez, “tivo unha grande acollida e estamos moi contentas de poder revalidar este proxecto que nos permite seguir espallando información sobre diferentes aspectos relacionados coa saúde polos concellos da nosa provincia”.

 

En concreto, este ano vanse lanzar 22 accións formativas en 22 municipios da provincia dirixidas á xuventude, terceira idade e asociacións e entidades de iniciativa social. O obxectivo principal desta actividade é informar e formar á cidadanía en cuestións como as enfermidades de transmisión sexual, a nutrición, saúde e trastornos alimentarios, o alzhéimer, as enfermidades neurodexenerativas e os trastornos depresivos e ansiedade. En concreto, 11 das charlas dirixiranse á mocidade e centraranse nas enfermidades de transmisión sexual e na nutrición, saúde e trastornos alimentarios. As outras 11 irán dirixidas á terceira idade e estarán centradas no alzhéimer, nas enfermidades neurodexenerativas, e nos trastornos depresivos e ansiedade.

 

 

 

 

“Tempo de saúde” chegou o pasado ano a máis de 1.800 persoas de 22 concellos da provincia

 

 

 

 

As accións formativas, que terán unha hora de duración cada unha, serán impartidas por profesionais da Medicina seleccionadas e seleccionados polo Colexio Oficial de Persoas Médicas de Pontevedra. Ao remate de cada unha das conferencias abrirase un coloquio coa finalidade de que as persoas asistentes poidan aclarar dúbidas relacionadas coa saúde.

 

O ano pasado impartíronse tamén 22 charlas formativas nos concellos da Estrada, Salceda de Caselas, Catoira, Redondela, O Porriño, A Guarda, Nigrán, Lalín, Cuntis, Cambados, Silleda, Poio, Vigo, Pontevedra, O Grove, Marín, Ponteareas, Ribadumia, Caldas, A Illa, Cerdedo-Cotobade e Tomiño. En total participaron 1.813 persoas das cales 1.180 asistiron ás dirixidas á mocidade e 633 á terceira idade.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.