Lunes, 22 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 13 de Junio de 2019 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

O Concello de Nigrán abre o prazo de inscrición nos Campus Deportivos de Verán

Desenvolveranse durante os meses de xullo e agosto e abranguen diferentes disciplinas deportivas: futbol sala, surf, ximnasia rítmica, patinaxe, baloncesto, deportes náuticos, tenis, futbol e multideporte

[Img #54032]O Concello de Nigrán, coa colaboración dos clubes do municipio, organiza dende finais de xuño a inicios de setembro oito campus deportivos orientados a nenos e adolescentes: futbol sala, surf, ximnasia rítmica, patinaxe, baloncesto, deportes náuticos, tenis, futbol e multideporte. O prazo de inscrición aos mesmos ábrese hoxe xoves 13 de xuño a través da Oficina de Información Cidadá do Concello de Nigrán (de luns a venres, de 9:00 a 14:00), sendo preciso aportar fotocopia do DNI ou libro de familia e da tarxeta sanitaria.


 
    Todos teñen unha duración de cinco días e un custe medio de 60 euros (agás o do Club Baloncesto Nigrán, de 50 €, e o de ximnasia rítmica,  40 €), existindo nalgúns a posibilidade de empregar servizo de coidador para ampliar horario e permitir mellor conciliación familiar. Para información concreta e datas: 986365000 ou cultura@nigran.org.

 

    Os campus están orientados a un público infantil e adolescente e arrancan con surf do 24 ao 28 de xuño. O Concello aportará a merenda diaria para cada participante e a cobertura do seguro.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.