GALICIA
A Xunta sinalará como rutas ciclistas protexidas un total de 12 treitos
O Goberno galego prevé ter redactado este proxecto no verán para licitalo a finais de 2019 e realizar a instalación das sinais o próximo ano
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, interveu onte no Parlamento de Galicia, onde salientou que a Xunta sinalizará como rutas ciclistas protexidas uns 12 treitos de estradas autonómicas.
O Goberno galego, en colaboración coa DXT e a Federación galega de ciclismo, segue a traballar neste proxecto co fin de telo redactado no verán para licitalo a finais de 2019 e realizar a instalación das sinais o próximo ano.
Vázquez Mourelle subliñou que a Xunta reflicte a súa aposta pola seguridade viaria nos orzamentos de cada ano e os do 2019 recollen distintas partidas dirixidas a este fin que suman uns 75 millóns de euros.
Fixo fincapé na aposta pola concienciación e as actividades formativas no eido da seguridade viaria, tendo en conta que os estudos amosan as distraccións co móbil, non levar posto o cinto ou o consumo de alcohol como factores dos accidentes.
Puxo como exemplo a campaña “O corazón está do teu lado”, que chegará a 40 colexios para ofrecerlles aos rapaces consellos e normas básicas de seguridade viaria, como explicarlles o importante que é empregar as sendas peonís e camiñar sempre polo lado esquerdo.
Indicou que a Xunta tamén vén poñendo o foco na seguridade dos peóns e ciclistas coa previsión de distribuír, entre 2018 e 2020, uns 30.000 chalecos reflectores para peóns e 3.000 cortaventos para os ciclistas, na liña de reiterar a importancia de que estes usuarios se deben facer máis visibles.
Esta iniciativa complementa á campaña levada a cabo o ano pasado baixo o lema “Metro e medio” cuxo obxectivo é fomentar a convivencia e o respecto entre os distintos usuarios da estrada e salvagardar a seguridade dos ciclistas ao incidir na distancia lateral mínima de seguridade, metro e medio, que se debe deixar sempre ao adiantar a un ciclista.
Concreta que os motoristas son outro colectivo vulnerable nas vías ao que a Xunta vén amosando o seu apoio mediante os cursos gratuítos de condución segura
Concretou que os motoristas son outro colectivo vulnerable nas estradas ao que o Executivo autonómico vén amosando o seu apoio mediante os cursos gratuítos de condución segura aos que se destinan preto de 100.0000 euros.
Ademais, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade instalou en novembro do 2018 novos sistemas de protección de motoristas nas autoestradas A Coruña- Carballo (AG-55) e do Val Miñor (AG-57) para reforzar a seguridade deste colectivo.
Mellora e conservación das estradas
Ethel Vázquez explicou que a Xunta segue a traballar na mellora e conservación das estradas autonómicas, para o que se continúa co Plan de reforzos de firme co fin de acondicionar máis de 1.000 km de estradas, incrementando este exercicio a dotación deste fin ata os 21,7 millóns de euros.
Concretou que tamén está en pleno desenvolvemento a estratexia para ter eliminados en 2020 os treitos de concentración de accidentes nas estradas autonómicas grazas ao investimento de 7,9 millóns de euros en 2019. Así, xa foron sometidos a información pública 15 proxectos correspondentes a estas actuacións, se licitaron 7 obras importantes e se executaron outras 8 actuacións menores, pero significativas.
Lembrou o avance no Plan de sendas de Galicia, que supón a mellora da seguridade viaria para os peóns e ciclistas non deportivos, ao construír itinerarios seguros, sostibles e integrados na paisaxe á beira das estradas. Precisou que se levan construídos 100 km de sendas e se completarán os 170 km antes de que remate a lexislatura.
Remarcou que o Executivo autonómico foi pioneiro na implantación dun programa específico de inventariado e xestión da conservación das pontes e das obras de paso nas estradas. En maio licitouse o contrato que garantirá máis de 1.600 inspeccións en pontes e obras de paso das estradas autonómicas nos vindeiros anos, cun investimento de 1,5 millóns de euros e nos próximos meses se estenderá este labor aos muros de contención e noiros.
Lembra que lle trasladou ao Goberno central unha proposta de colaboración para que actúe nas estradas estatais coa mellora de seguridade dos peregrinos en tramos próximos ao Camiño ou coa supresión de TCA, entre outras medidas
Suma de esforzos
A titular de Infraestruturas destacou que o Goberno galego está a facer un grande esforzo en materia de seguridade viaria que, por suposto, debe ter tamén reflexo por parte do Goberno do Estado.
Recordou que a Xunta lle propuxo en novembro ao Executivo central unha colaboración en materia de seguridade viaria, pero aínda non recibiu resposta. Concretou que se lle solicitou a colocación de bandas sonoras nas liñas brancas de bordo de carril e eixos de tramos interurbanos ou melloras en travesías das vías estatais, entre outras accións.
Nesta proposta, o Goberno galego tamén lle solicitou ao estatal a mellora da seguridade dos peregrinos en tramos das estradas estatais próximos á traza do Camiño, xunto coa adquisición de sinais luminosos que advirtan da súa presenza, ou a supresión dos treitos de concentración de accidentes nas estradas da súa titularidade.
Puxo en valor a necesidade de coordinación e de sumar esforzos, xa que a sinistralidade viaria é unha materia que require da implicación e o compromiso de todas as administracións e do conxunto da cidadanía.
Na seguinte imaxe reprodúcese o modelo de sinalización das rutas ciclistas protexidas:
![[Img #54035]](https://xornal21.com/upload/images/06_2019/8077_screen-shot-2019-06-12-at-174022.png)
No seguinte plano identifícanse os treitos de estradas nos que se instalará a sinalización:
![[Img #54036]](https://xornal21.com/upload/images/06_2019/2979_screen-shot-2019-06-12-at-174030.png)

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126