VIGO
A Delegación da Xunta en Vigo evacúa a 600 persoas nun simulacro de incendio ante posibles emerxencias
O obxectivo do exercicio é desenvolver e coordinar a resposta entre os diferentes corpos implicados e prever as medidas a adoptar no caso dun sinistro real
A Delegación da Xunta en Vigo organizou esta mañá un simulacro de incendio no que se logrou evacuar a máis de 600 persoas cumprindo cos tempos de resposta medios nestes casos. O obxectivo destas actividades, tal e como explicou o secretario territorial, Alfonso Rubio, que actuou en calidade de xefe de emerxencias, é desenvolver e coordinar a resposta entre os diferentes corpos implicados e adiantarse ás posibles continxencias que puideran xurdir nun sinistro real.
“A normativa en prevención de riscos laborais marca claramente que deben analizarse as posibles situacións de emerxencias e prever as medidas necesarias a adoptar en materia de primeiros auxilios, loita contra o lume e evacuación do traballadores e administrados”, sinalou pola súa banda o delegado territorial, Ignacio López-Chaves.
No simulacro participaron bombeiros, Policía Nacional, Autonómica e Local, sanitarios do 061, Garda Civil e Protección Civil. Tamén víronse implicados a Autoridade Portuaria, a Comandancia Naval e persoal do aparcadoiro da Praza da Estrela.
Segundo informou o secretario territorial, o incendio simulado comezou cun foco de lume no segundo andar do edificio administrativo sobre las 10.00 horas deste mércores, procedendo os bombeiros ao illamento da planta para evitar a súa extensión.
No marco do protocolo de emerxencias, procedeuse a evacuación previa do persoal da Delegación, uns 500 traballadores, así como os administrados que no momento do simulacro atopábanse realizando xestións no interior. O punto de reunión, previsto e coñecido polos Grupos de Actuación encargados de guiar e axudar no desaloxo, foi neste caso na Praza do Nadador, ao costado do edificio de Aduanas.
A actividade tamén contou coa participación dos nenos e nenas da Escola Infantil da Delegación e dos seus responsables.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58