Viernes, 06 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 13 de Junio de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

Triunfo infantil no concurso da Festa da Rosa

Os nenos Marcos Pazos, Lois Ambrosio e Leire Lorenzo acadaron o primeiro, segundo e terceiro premios do concurso de rosas, respectivamente

A partir das 09:00 horas e ata ás 11:00 horas estivo aberto o prazo de presentación de exemplares para os concursos de rosas e empanadas de pan de millo. Ás 11.00 horas oficiouse a Misa Solemne cantada pola Coral Ventos do Val, nunha eucaristía que se celebrou na igrexa de San Mamede de Petelos, sita na Praza do Concello; onde tiveron lugar os actos centrais da Festa da Rosa.

 

A lectura do Pregón chegou ás 12.00 horas e correu a cargo da alpinista mosense natural da parroquia de Sanguiñeda e integrante da expedición polar feminina ‘Compromiso por la Tierra’,

 

Tras a deliberación dos correspondentes xurados, fixéronse públicos os premiados nos dous concursos. Os vencedores do concurso de empanada de pan de millo foron:

  • Premio á mellor presentación: Carmen Pérez
  • Premio ó mellor sabor: Constantino González Gómez
  • Premio ao maior tamaño: Panadería San Miguel

 

Mentres que os gañadores do concurso de rosas foron este ano tres cativos de moi curta idade:

  • 3º Premio: Leire Lorenzo Martínez
  • 2º Premio:  Lois Ambrosio Collazo
  • 1º Premio: Marcos Pazos Reigosa

 

No seu discurso a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, agradeceulles a súa participación a todos os concursantes nos concursos de empanadas de pan de millo e de rosas e salientou que “o amor polo noso pobo únenos a todos os mosenses no Día da Rosa para conmemorar a nosa historia e tradición, o noso emblema municipal que é a rosa, e para gozar da nosa gastronomía coa Exaltación da Empanada de Pan de Millo”; e centrou as súas palabras en “agradecer o labor de veciños, colectivos, administracións… todos/as os/as que fan posible a Festa da Rosa e que contribúen ademais durante todo o ano a que Mos sexa un municipio con identidade propia e territorio de oportunidades”.

 

[Img #54075]

 

Os actos matinais pecháronse cun concerto da Banda de Música Xuvenil de Torroso, que rematou tocando o Himno de Mos, ‘Alborada Camiño da Rosa’, autoría do gaiteiro mosense Xulio Lorenzo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.