VIGO
Caballero plantexa a construción dunha desalinizadora como posible solución ao abastecemento
Abel Caballero avanzou esta semana que o Goberno Central incorpora a construción dunha desaladora como outra posible solución ao abastecemento da área de Vigo. Esta alternativa súmase a outras tres que xa están enriba da mesa: unha nova presa, o recrecido da actual ou un transvase desde o Miño
O estudo que aclarará cal é a mellor alternativa para solucionar definitivamente o abastecemento na área de Vigo incorpora a posible construción dunha desalinizadora. Esta opción, que permitiría usar a auga de mar, foi trasladada ao alcalde en funcións polo actual secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, de forma que vén sumarse as outras tres alternativas en estudo: unha nova presa, o recrecido da actual ou un transvase desde o Miño, ademais do transvase de emerxencia, comprometido pola Xunta hai case dous anos e do que non se iniciou trámite algún. O rexedor en funcións criticou a inacción do Goberno autonómico, en contraposición ao Ministerio de Transición Ecolóxica que está á realizar o estudo que aportará a solución definitiva ao abastecemento de auga na área de Vigo.
Caballero explicou que Vigo conta cun plan de seca que se aplica cando a auga embalsada chega a determinados estándares, momento a partir do que se activan os correspondentes protocolos. De feito, engadiu, o Concello anticípase a estas situacións e o Goberno local decreta medidas como a suspensión de baldeos antes incluso do que determina o devandito plan, que xa se aplicou en varias ocasións. Lembrou que Vigo xa ten un plan de aforro máximo de auga e que solicitou varias veces á Xunta o cambio do caudal ecolóxico.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58