PROVINCIA
Greenpeace e APDR, reiteran a necesidade de que se declare definitivamente nula a prórroga de ENCE
A APDR e Greenpeace presentaron dous recursos diante da Audiencia Nacional para impedir que Ence Energía y Celulosa S.A. permanezan na Ría de Pontevedra outros 60 anos
O próximo domingo 16 de xuño unha nova mobilización recorrerá a chamada autovía entre Marín e Pontevedra contra a permanencia de ENCE na Ría. A empresa de pasta de papel debería ter abandonado os terreos de dominio público que ocupa na actualidade en xullo de 2018, como teñen sinalado as institucións xudiciais.
A fábrica de ENCE en Lourizan (Pontevedra), emprazada en terreos de dominio público, tiña a obriga de abandonar a sua ocupación na Ría en xullo do 2018, tal como esixía a Lei de Costas de 1988. Porén, a reforma da Lei no 2013 abriu a porta á ampliación das concesións e tres anos despois, en xaneiro de 2016, o goberno en funcións de Mariano Rajoy prorroga a concesión a ENCE ata 2073, unha decisión que tanto Greenpeace como a APDR consideraron cando menos irregular.
APDR e Greenpeace presentaron senllos recursos diante da Audiencia Nacional contra a amentada orden para impedir que Ence Energía y Celulosa S.A. permaneza na Ría de Pontevedra outros 60 anos. As dúas organizacións consideran que a empresa desenvolve unha actividade industrial incompatíbel co medio ambiente e que non entra dentro do grupo de usos reservados para unha posíbel prórroga en terreos de dominio público marítimo-terrestre, tal e como se establece no Artigo 31.2 da Lei de Costas polo que o Ministerio no debería tela concedido.
No 2019 o Goberno anuncia que non vai seguir adiante na defensa da prórroga da concesión de ENCE diante dos tribunais.
A empresa pasteira tería que ter abandonado no pasado 2018 o seu emprazamento en terreos de dominio público marítimo-terrestre
Segundo Antón Masa, presidente da APDR, “a decisión da Dirección General de Costas, ratificada posteriormente pola Avogacía do Estado, fundaméntase en dous argumentos inapelábeis; dunha banda, o feito de que “ningunha instalación pode permanecer en domino público máis de 75 años”, un prazo que se vería amplamente superado logo da prórroga de 60 anos a ENCE, e por outro -o que aínda resulta máis relevante- que “as prórrogas resérvanse para aquelas instalacións que pola súa natureza teñan que estar en dominio público marítimo-terrestre”, unha condición que non é de aplicación á pasteira de Lourizán".
“Greenpeace defende que a reforma da Lei de Costas realizouse en contra dun ben público e do medio ambiente, polo que a extensión da ocupación de Ence na Ría de Pontevedra durante 60 anos máis, sempre foi ilegal. Celebramos que o Estado recoñeza o valor deste terreo público e confiamos en que a xustiza e o Estado de Dereito resolvan en favor da preservación do medio ambiente”, ten declarado Paloma Nuche, responsábel da campaña de Costas de Greenpeace.
Desde Greenpeace e a APDR, animamos a toda a sociedade galega a participar na Marcha contra Celulosas do próximo domingo 16 para facer visíbel e denunciar publicamente esta inxustiza histórica en Pontevedra. Así mesmo, ambas as dúas organizacións demandan á Xunta de Galicia que o novo Plan Forestal deixe de favorecer á industria celulósica e estableza unha moratoria de novas plantacións do xénero Eucalyptus, como xa demandaron numerosas forzas sociais e políticas galegas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218