GALICIA
Iago Aspas, este domingo en “Hoxe con Manquiña”
Coñeceremos a faciana máis persoal dun dos “grandes” do Celta
Este domingo coñecemos a faciana máis perosal de Iago Aspas, un veciño máis de Moaña que agocha no seu interior unha forza sobrehumana que o levou a ser a día de hoxe unha das grandes lendas vivas do Celta.
Visitamos con el o lugar onde medrou, Moaña, non só como deportista senón tamén como persoa, crecendo ao lado dun campo de fútbol e dando patadas a un balón case dende que ten uso de razón. Aspas xa estaba dentro das categorías inferiores do Celta con tan só oito anos. Inicios duros que estiveron sempre apoiados pola súa familia e amigos cunha idea fixa na cabeza: quería triunfar como dianteiro.
Pero, por que quere ser dianteiro? Que é o que lle leva a elixir esa posición que o faría famoso no mundo enteiro e sería quen de marcar un gol inolvidable no Mundial de Rusia 2018? No programa de Hoxe con Manquiña falaremos sobre esas primeiras decisións e sobre os seus primeiros adestradores para atopar o sentido do seu fútbol; tan próximo á perfección.
Percorreremos a Casa Videira con Iago Aspas falando da falta de instinto e de garra invadida no fútbol de hoxe pola técnica e a estratexia para tratar de entender mellor que nunca a este apaixonado do balón.
De xogar ás cartas no seu bar de sempre a estar a pelexar nas semifinais da UEFA contra o Manchester United, o mago de Moaña ábrenos o seu pasado e os seus recordos este domingo en “Hoxe con Manquiña”
De xogar ás cartas no seu bar de sempre a estar a pelexar nas semifinais da UEFA contra o Manchester United, o mago de Moaña ábrenos o seu pasado e os seus recordos este domingo en “Hoxe con Manquiña”.
Hoxe con Manquiña
En “Hoxe con Manquiña” teremos a oportunidade de continuar a coñecer a faciana máis íntima e persoal dos nosos galegos e galegas máis famosos e recoñecidos. Neste novo espazo de Televisión de Galicia, ademais de indagar nos aspectos menos coñecidos dos nosos convidados, teremos tamén a ocasión de descubrir o seu punto de vista sobre fitos do pasado que viviron en primeira persoa e, como non, tamén da actualidade.
Ademais achegarémonos á xente da rúa para tratar de averiguar o que saben sobre os nosos convidados e contaremos cunha sección sorpresa para o entrevistado na que recibirán unha mensaxe de alguén moi especial e querido para cada un deles.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126