SOLIDARIOS
O veleiro Laion de COGAMI inicia tempada de verán realizando travesías polas rías galegas
Xa son 17 os anos que este veleiro, que foi incautado ao narcotráfico, navega polas rías galegas con persoas con discapacidade a bordo
O veleiro Laion da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) inicia tempada de verán, ofrecendo a oportunidade de achegarse ao mundo da navegación a persoas con discapacidade. Un ano máis, e xa van 17, inicia a tempada do proxecto GAVEA (Galicia Vela Adaptada).
O Laion é un veleiro que foi incautado en 2002 ao narcotráfico e, dende que o ten cedido en garda e custodia a asociación membro de COGAMI Adisbismur (Asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros) posibilita que as persoas con discapacidade poidan participar en actividades náutico-deportivas. Dotado de adaptacións como son un guindastre, que permite embarcar a persoas con mobilidade reducida, e uns asentos ou backets, tamén adaptados, o Laion permite o acceso á embarcación a calquera persoa.
Dende finais de xuño arranca a tempada do Laion que, xunto co mes de xullo e agosto, vai permitir que máis de 200 persoas, distribuídas en quendas de 8 persoas por travesía, teñan a oportunidade de participar de travesías de tres horas polas rías galegas e aprender nocións básicas sobre a navegación a vela, así como a realización de nós náuticos, o manexo do temón ou vocabulario propio da arte da navegación.
A primeira travesía do Laion inicia na ría de Ribadeo, o luns 17 de xuño e o mércores 19 de xuño con catro grupos que sairán navegar na quenda da mañá que é de 11 a 14 horas e na da tarde que se desenvolve de 16 a 19 horas. Do 24 ata o 28 de xuño a embarcación navegará pola ría de Pontevedra onde participarán diferentes entidades da discapacidade da zona. Durante o mes de xullo o veleiro estará os días 1, 2 e 3 na ría de Muros, os días 5 e 6 estará navegando pola ría de Camariñas, os días 9 e 10 de xullo estará no porto de A Coruña e os días 12 e 13 de xullo serán os da zona da comarca de Ares as persoas que probarán a navegar.
A continuación detallamos nesta táboa as travesías, os horarios e as entidades e centros que participan no proxecto GAVEA no verán 2019
RÍA DE RIBADEO
Luns 17 de xuño
11 a 14 horas
FRATERNIDAD
Luns 17 de xuño
16 a 19 horas
FRATERNIDAD
Mércores 19 de xuño
11 a 14 horas
centro FINGOI de COGAMI Lugo
Mércores 19 de xuño
16 a 19 horas
centro FINGOI de COGAMI Lugo
RÍA DE PONTEVEDRA
PORTONOVO
Luns 24 de xuño
11 a 14 horas
centro MEDELO de COGAMI Deza
Luns 24 de xuño
16 a 19 horas
Asociación AMIZADE de Pontevedra
SANXENXO
Martes 25 de xuño
11 a 14 horas
centro MONTEPORREIRO de Pontevedra
Martes 25 de xuño
16 a 19 horas
Asociación AIXIÑA de Ourense
COMBARRO
Mércores 26 de xuño
11 a 14 horas
Asociación AIXIÑA de Ourense
Mércores 26 de xuño
16 a 19 horas
Federación DISCAFIS COGAMI Ourense
BELUSO
Xoves 27 de xuño
11 a 14 horas
Asociación APAMP de Vigo
Xoves 27 de xuño
16 a 19 horas
Asociación VONTADE de Baixo Miño
SANXENXO
Venres 28 de xuño
11 a 14 horas
Asociación ADAPTA de Ponteareas
Venres 28 de xuño
16 a 19 horas
centro de COGAMI en Mos
RÍA DE MUROS
Luns 1 de xullo
11 a 14 horas
Asociación ADISBISMUR de Muros
Luns 1 de xullo
16 a 19 horas
Asociación ADISBISMUR de Muros
Martes 2 de xullo
11 a 14 horas
Asociación ADISBISMUR de Muros
Martes 2 de xullo
16 a 19 horas
Asociación ADISBISMUR de Muros
Mércores 3 de xullo
11 a 14 horas
Asociación MISELA de Noia
Mércores 3 de xullo
16 a 19 horas
Asociación DISVALIA de Valdeorras
RÍA DE CAMARIÑAS
Venres 5 de xullo
11 a 14 horas
Asociación INTEGRO da Costa da Morte
Venres 5 de xullo
16 a 19 horas
Asociación INTEGRO da Costa da Morte
Sábado 6 de xullo
11 a 14 horas
Asociación ASDIFICA de O Carballiño
Sábado 6 de xullo
16 a 19 horas
Asociación APEM de Cee
RÍA DA CORUÑA
Martes 9 de xullo
11 a 14 horas
COGAMI CORUÑA
Martes 9 de xullo
16 a 19 horas
Asociación ACEM CORUÑA
Mércores 10 de xullo
11 a 14 horas
Asociación AMARAI de Arzúa
Mércores 10 de xullo
16 a 19 horas
Asociación ALCER CORUÑA
RÍA DE ARES
Venres 12 de xullo
11 a 14 horas
Asociación ASPANAES de Santiago
Venres 12 de xullo
16 a 19 horas
COGAMI FERROL
Sábado 13 de xullo
11 a 14 horas
COGAMI FERROL
Este proxecto denominado GAVEA (Galicia Vela Adaptada) é posible coa financiación de Ence Energía y Celulosa, S.A. (ENCE), ademais dos clubs náuticos que ceden os amarres, como é o caso do Real Club Náutico de Ribadeo, o Club Náutico Ría de Ares, Club Náutico de Portonovo, Real Club Náutico de Sanxenxo, Marina Combarro, Club Náutico de Beluso, Marina Muros ademais do Club Náutico de Camariñas e o Real Club Naútico de A Coruña.
O GAVEA permite a participación en actividades náutico- deportivas a todas as persoas, derribando as barreiras que impiden o uso do medio mariño. Dende que iniciou este proxecto, conta con máis de 4.000 participantes, converténdoa nunha das actividades de lecer que conta con máis demanda por parte das persoas usuarias dos centros e entidades de COGAMI, así como entre as entidades do movemento asociativo.
Características do veleiro Laion
O Laion, de 13 metros de eslora, ten unha capacidade máxima para 10 persoas: 2 tripulantes, que son persoas voluntarias que ceden o seu tempo para participar neste proxecto, 6 participantes con algunha discapacidade e outras 2 persoas acompañantes.
A embarcación conta con adaptacións para facer practicable a navegación, como un guindastre instalado na botavara que permite embarcar ás persoas con mobilidade reducida dende o pantalán ata uns backets instalados na bañeira do barco. O control da embarcación conta cun winche eléctrico que se activa a través dun pulsador electrónico que facilita o seu goberno.
Ao longo dos anos, o proxecto GAVEA participou e eventos náuticos tanto galegos como internacionais, como foron a Volta Náutica a Galicia, a Xira Náutica Costa da Morte, a Regata S.A.R. Infanta Elena, a Regata Inicial da Volvo Ocean Race, a viaxe ao Fórum Barcelona 2004, as singraduras pola Costa Cantábrica, a 32ª Edición de la America´s Cup de Vela- Valencia 2007 realizando actividades de vela adaptada durante o transcurso da mesma, a Regata Teresa Herrera, a Regata Tall Ship Race, ou a I Travesía Náutica Xacobea.
Este proxecto, aparte de achegar o mar e a navegación á discapacidade, tamén contribúe na sensibilización, concienciación e inclusión social. Todas as visitas que o Laion efectúa nos diferentes portos nos que atraca serven para amosar a diversidade na que vivimos.
O veleiro Laion da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) inicia tempada de verán, ofrecendo a oportunidade de achegarse ao mundo da navegación a persoas con discapacidade. Un ano máis, e xa van 17, inicia a tempada do proxecto GAVEA (Galicia Vela Adaptada).
O Laion é un veleiro que foi incautado en 2002 ao narcotráfico e, dende que o ten cedido en garda e custodia a asociación membro de COGAMI Adisbismur (Asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros) posibilita que as persoas con discapacidade poidan participar en actividades náutico-deportivas. Dotado de adaptacións como son un guindastre, que permite embarcar a persoas con mobilidade reducida, e uns asentos ou backets, tamén adaptados, o Laion permite o acceso á embarcación a calquera persoa.
Dende finais de xuño arranca a tempada do Laion que, xunto co mes de xullo e agosto, vai permitir que máis de 200 persoas, distribuídas en quendas de 8 persoas por travesía, teñan a oportunidade de participar de travesías de tres horas polas rías galegas e aprender nocións básicas sobre a navegación a vela, así como a realización de nós náuticos, o manexo do temón ou vocabulario propio da arte da navegación.
A primeira travesía do Laion inicia na ría de Ribadeo, o luns 17 de xuño e o mércores 19 de xuño con catro grupos que sairán navegar na quenda da mañá que é de 11 a 14 horas e na da tarde que se desenvolve de 16 a 19 horas. Do 24 ata o 28 de xuño a embarcación navegará pola ría de Pontevedra onde participarán diferentes entidades da discapacidade da zona. Durante o mes de xullo o veleiro estará os días 1, 2 e 3 na ría de Muros, os días 5 e 6 estará navegando pola ría de Camariñas, os días 9 e 10 de xullo estará no porto de A Coruña e os días 12 e 13 de xullo serán os da zona da comarca de Ares as persoas que probarán a navegar.
A continuación detallamos nesta táboa as travesías, os horarios e as entidades e centros que participan no proxecto GAVEA no verán 2019
RÍA DE RIBADEO |
Luns 17 de xuño |
11 a 14 horas |
FRATERNIDAD |
|
Luns 17 de xuño |
16 a 19 horas |
FRATERNIDAD |
||
Mércores 19 de xuño |
11 a 14 horas |
centro FINGOI de COGAMI Lugo |
||
Mércores 19 de xuño |
16 a 19 horas |
centro FINGOI de COGAMI Lugo |
||
RÍA DE PONTEVEDRA |
PORTONOVO |
Luns 24 de xuño |
11 a 14 horas |
centro MEDELO de COGAMI Deza |
Luns 24 de xuño |
16 a 19 horas |
Asociación AMIZADE de Pontevedra |
||
SANXENXO |
Martes 25 de xuño |
11 a 14 horas |
centro MONTEPORREIRO de Pontevedra |
|
Martes 25 de xuño |
16 a 19 horas |
Asociación AIXIÑA de Ourense |
||
COMBARRO |
Mércores 26 de xuño |
11 a 14 horas |
Asociación AIXIÑA de Ourense |
|
Mércores 26 de xuño |
16 a 19 horas |
Federación DISCAFIS COGAMI Ourense |
||
BELUSO |
Xoves 27 de xuño |
11 a 14 horas |
Asociación APAMP de Vigo |
|
Xoves 27 de xuño |
16 a 19 horas |
Asociación VONTADE de Baixo Miño |
||
SANXENXO |
Venres 28 de xuño |
11 a 14 horas |
Asociación ADAPTA de Ponteareas |
|
Venres 28 de xuño |
16 a 19 horas |
centro de COGAMI en Mos |
||
RÍA DE MUROS |
Luns 1 de xullo |
11 a 14 horas |
Asociación ADISBISMUR de Muros |
|
Luns 1 de xullo |
16 a 19 horas |
Asociación ADISBISMUR de Muros |
||
Martes 2 de xullo |
11 a 14 horas |
Asociación ADISBISMUR de Muros |
||
Martes 2 de xullo |
16 a 19 horas |
Asociación ADISBISMUR de Muros |
||
Mércores 3 de xullo |
11 a 14 horas |
Asociación MISELA de Noia |
||
Mércores 3 de xullo |
16 a 19 horas |
Asociación DISVALIA de Valdeorras |
||
RÍA DE CAMARIÑAS |
Venres 5 de xullo |
11 a 14 horas |
Asociación INTEGRO da Costa da Morte |
|
Venres 5 de xullo |
16 a 19 horas |
Asociación INTEGRO da Costa da Morte |
||
Sábado 6 de xullo |
11 a 14 horas |
Asociación ASDIFICA de O Carballiño |
||
Sábado 6 de xullo |
16 a 19 horas |
Asociación APEM de Cee |
||
RÍA DA CORUÑA |
Martes 9 de xullo |
11 a 14 horas |
COGAMI CORUÑA |
|
Martes 9 de xullo |
16 a 19 horas |
Asociación ACEM CORUÑA |
||
Mércores 10 de xullo |
11 a 14 horas |
Asociación AMARAI de Arzúa |
||
Mércores 10 de xullo |
16 a 19 horas |
Asociación ALCER CORUÑA |
||
RÍA DE ARES |
Venres 12 de xullo |
11 a 14 horas |
Asociación ASPANAES de Santiago |
|
Venres 12 de xullo |
16 a 19 horas |
COGAMI FERROL |
||
Sábado 13 de xullo |
11 a 14 horas |
COGAMI FERROL |
Este proxecto denominado GAVEA (Galicia Vela Adaptada) é posible coa financiación de Ence Energía y Celulosa, S.A. (ENCE), ademais dos clubs náuticos que ceden os amarres, como é o caso do Real Club Náutico de Ribadeo, o Club Náutico Ría de Ares, Club Náutico de Portonovo, Real Club Náutico de Sanxenxo, Marina Combarro, Club Náutico de Beluso, Marina Muros ademais do Club Náutico de Camariñas e o Real Club Naútico de A Coruña.
O GAVEA permite a participación en actividades náutico- deportivas a todas as persoas, derribando as barreiras que impiden o uso do medio mariño. Dende que iniciou este proxecto, conta con máis de 4.000 participantes, converténdoa nunha das actividades de lecer que conta con máis demanda por parte das persoas usuarias dos centros e entidades de COGAMI, así como entre as entidades do movemento asociativo.
Características do veleiro Laion
O Laion, de 13 metros de eslora, ten unha capacidade máxima para 10 persoas: 2 tripulantes, que son persoas voluntarias que ceden o seu tempo para participar neste proxecto, 6 participantes con algunha discapacidade e outras 2 persoas acompañantes.
A embarcación conta con adaptacións para facer practicable a navegación, como un guindastre instalado na botavara que permite embarcar ás persoas con mobilidade reducida dende o pantalán ata uns backets instalados na bañeira do barco. O control da embarcación conta cun winche eléctrico que se activa a través dun pulsador electrónico que facilita o seu goberno.
Ao longo dos anos, o proxecto GAVEA participou e eventos náuticos tanto galegos como internacionais, como foron a Volta Náutica a Galicia, a Xira Náutica Costa da Morte, a Regata S.A.R. Infanta Elena, a Regata Inicial da Volvo Ocean Race, a viaxe ao Fórum Barcelona 2004, as singraduras pola Costa Cantábrica, a 32ª Edición de la America´s Cup de Vela- Valencia 2007 realizando actividades de vela adaptada durante o transcurso da mesma, a Regata Teresa Herrera, a Regata Tall Ship Race, ou a I Travesía Náutica Xacobea.
Este proxecto, aparte de achegar o mar e a navegación á discapacidade, tamén contribúe na sensibilización, concienciación e inclusión social. Todas as visitas que o Laion efectúa nos diferentes portos nos que atraca serven para amosar a diversidade na que vivimos.
Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136