Sábado, 25 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 17 de Junio de 2019 Tiempo de lectura:
OIA

Oia participará nas celebracións da Festa da Flor da freguesía lusa de Oiâ o próximo 30 de xuño

Ambas localidades aproveitarán para ratificar a irmandade que as une desde hai décadas

Unha delegación de Oia visitará a freguesía portuguesa de Oiâ o próximo día 30 de xuño para participar nas celebracións da Festa da Flor que celebra a localidade lusa, irmandada desde hai décadas co municipio galego. O Concello fretará varios autobuses para que as persoas que o desexen poidan asistir á celebración.

 

A Festa da Flor chega este ano á súa cuarta edición e celébrase coincidindo co 30 aniversario da elevación a vila da freguesía de Oiâ (no municipio de Oliveira do Bairro). Nesa xornada a poboación portuguesa adquire un ambiente especial, coas súas rúas decoradas de flores, desfiles e outras actividades institucionais e de lecer. Na anterior edición, na que tamén participou Oia, os festexos congregaron a máis de 10.000 visitantes.

 

[Img #54137]Durante a visita da comitiva oiense, os gobernos locais de ambas poboacións aproveitarán para ratificar o irmandade que as une desde hai varias décadas. A consolidación deste acordo permitirá continuar a colaboración que se vén desenvolvendo nos eidos cultural e educativo e tamén permitirá optar a subvencións europeas.

 

Plan de viaxe

O Concello de Oia fretará 3 autobuses para que os veciños e veciñas que o desexen podan asistir aos actos da Festa da Flor de Oiâ. Sairán ás 8.30 horas e farán unha parada previa para visitar a localidade portuguesa de Aveiro. Posteriormente xantarase en Oiâ, onde se asistirán ás celebracións. A volta está prevista para as 20.30 horas.

 

Por outra banda, haberá outro autobús habilitado para os músicos oienses que, como vén sendo tradición, participarán no desfile. Este vehículo irá directamente a Oiâ (sen parada en Aveiro) e sairá ás 7.30 horas.

 

As prazas son limitadas, polo que é preciso inscribirse no Concello de Oia (nos teléfonos 986.36.21.25 e 639.32.94.93).

 

O prezo da comida será de 14 euros e de 7 euros para nenos e nenas ata 10 anos.

 

Irmandade Oia-Oiâ

A ratificación da irmandade entre Oia e Oiâ supón un compromiso formal de mantemento de lazos permanentes entre as corporacións locais para o diálogo, intercambio de experiencias e desenvolvemento de accións conxuntas que enriquezan a ambas partes.

 

Así mesmo, implica impulso dos intercambios entre cidadáns e cidadás de ambos territorios para unha mellor comprensión mutua e cooperación eficaz; dando a todo o mundo a posibilidade de participar sen discriminación de ningún tipo.

 

O protocolo tamén procura a intensificación das relacións económicas entre as dúas rexións a través do apoio de iniciativas de alianza estratéxica entre empresas locais que promovan accións conxuntas de intercambio de coñecementos.

 

Finalmente, tamén supón un compromiso de hospitalidade, respectando as diversidades e nun clima de confianza, solidariedade e conxunción de esforzos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.