Lunes, 22 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 16 de Junio de 2019 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Nigrán emprende a súa primeira campaña de concienciación medioambiental de cara a festa de San Xoan

O Concello fai un chamamento ao voluntariado para participar nunha brigada medioambiental que incentivará a reciclaxe durante a noite, xa que se instalarán contedores separativos a pé de praia

O Concello de Nigrán presentou esta semana en Panxón a primeira campaña de concienciación medioambiental dirixida ex-profeso á noite de San Xoan e co obxectivo de que non quede lixo na praia nin chegue ao mar. Ao acto acudíu o alcalde en funcións xunto ao seu equipo, representantes das concesionarias Aqualia e Cespa, e o xogador do R.C.Celta nigranés Kevin Vázquez, entre outros particulares.

 

O Concello de Nigrán, consciente da enorme cantidade de desperdicios que se xeneran esa noite, especialmente vidro e plástico, fai un chamamento á responsabilidade de cada un para que non se contamine a area nin o mar. "Os servizos de limpeza do Concello van deixar a praia completamente limpa ao día seguinte, pero do que se trata é de que os participantes tomen conciencia e asuman o seu papel, non debemos esperar a que ninguén recolla o lixo por nos", explica o alcalde, Juan González. Con  este obxectivo, por vez primeira, o Concello instalará illas de reciclaxe a pé de praia e creará unha brigada medioambiental formada por voluntarios que creen conciencia durante a noite (en quendas de dúas horas) invitando e colaborando cos asistentes para facer a recollida selectiva in situ dende a 1:30 da madrugada e en quendas de dúas horas. Os primeiros 40 voluntarios que se apunten recibirán unha entrada gratis para o festival 'Vive Nigrán', que se celebra o 19 e 20 de xullo en Praia América. Os interesados, que deben ser maiores de 16 anos, teñen ata o 20 de xuño para anotarse a través da Oficina de Información Cidadá do Concello de Nigrán, 986365000 ou atencioncidada@nigran.org. "Trátase dunha iniciativa que funciona con éxito en lugares como a praia As Canteras, en Las Palmas de Gran Canaria, e que desexamos levar adiante en Nigrán a partir de agora", indica.

 

 

 

 

Baixo o hashtag #SanXoanSenLixo o Concello invita á cidadanía a participar nun reto viral en redes sociais que contribúa a difundir a campaña. Os deportistas Kevin Vázquez, Santi Comesaña, Gustavo López, Goni Zubizarreta e Desiré Vila xa se sumaron xunto á artista Lula Goce

 

 

 

 

Baixo a etiqueta #SanXoanSenLixo o Concello de Nigrán quere viralizar esta campaña de concienciación en redes sociais, conscientes de que é o mellor canal para chegar á mocidade, gran protagonista da festa. Así, futbolistas de primeira división como  Kevin Vázquez, Santi Comesaña, o retirado xa Gustavo López, a atleta Desiré Vila ou o surfista Goni Zubizarreta e a artista de Baiona Lula Goce serán algúns dos 'padriños' do reto viral, xa que posarán nas súas redes cun cartel que dí 'O Mar non é un vertedoiro. Súmate ao reto de Nigrán. #SanXoanSenLixo. Fagamos ben a festa'.

 

O Concello de Nigrán editou tamén cartelería ao respecto no que inciden en 5 premisas básicas: Non deixes lixo. Recicla. Respecta a protección do sistema dunar. Evita facer buratos, teñen impacto negativo no ecosistema. Recorda que as cabichas contaminan. Súmate a esta campaña medioambiental difundíndoa e concienciando aos teus.

 

"Confiamos en que a xente está cada vez máis comprotedida co medio ambiente e que este inclúe tamén aos océanos, en Nigrán apelamos a esa conciencia medioambiental para que se reduza a cantidade de basura acumulada nesta noite. A festa non ten que estar reñida con estes principios, Praia América é un dos máximos orgullos de Nigrán e é responsabilidade de todos preservala", insiste o alcalde.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.