GALICIA
Galicia converterase en 2020 nun referente na prevención e reutilización dos refugallos
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda salientou que a futura norma é un texto que marca obxectivos claros, como reducir nun 15% os residuos dende hoxe ata o 2025
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, afirmou esta mañá que a Comunidade galega se converterá nun referente para outras rexións en materia de prevención e reutilización dos refugallos grazas a nova Lei de residuos e solos contaminados de Galicia, que está a impulsar o Goberno galego.
A conselleira de Medio Ambiente participou esta mañá na reunión do pleno do Consello Galego de Medio Ambiente, onde se abordou o contido deste anteproxecto e que segundo as previsións do Goberno galego entrará en vigor no vindeiro ano.
Salientou que a nova lei fomentará a prevención e a reutilización dos residuos, co obxectivo de reducir nun 15% os residuos de aquí a 2025, o que supón un ambicioso obxectivo que supera amplamente o que marca a Lei estatal, que establece este obxectivo nun 10%. nese sentido, recordou que se porán en marcha medidas importantes destinadas a frear o impacto dos plásticos, como a prohibición de vender pratos, vasos, cuncas e bandexas de plástico dun só uso; salvo que estean compostos dun 50% de material biodegradable; polo tanto a Lei intensificará a loita contra os plásticos.
Outra das frontes será a reutilización e traballase no obxectivo de chegar no vindeiro ano a un 50% de residuos domésticos e comerciais preparados para reutilizar ou reciclar, ademais de fomentar a reciclaxe de envases co propósito de acadar en cinco anos máis a reciclaxe dun 65% dos mesmos e a un 70% no ano 2030; ao tempo que se cumpre co obxectivo europeo de derivar ao vertedoiro un 10% da cantidade de residuos xerados.
A redución do desperdicio alimentario e das bolsas de plástico serán outras dúas eivas nas que se centrarán os esforzos dos Goberno galego, co fin de acadar canto antes as metas que fixa Europa
A conselleira tamén destacou a importancia de reducir o desperdicio alimentario e os plásticos, dous aspectos que tamén están moi presentes na Lei. Recordou que un terzo dos alimentos producidos no mundo se perden oi se desperdician, o que equivale a 1.300 millóns de toneladas ao ano; polo que reducir esta cifra é importante para aforrar en recursos, tanto os que fan falta para producilos como para xestionalos como residuos.
Sinalou que outro residuo que se debe reducir é o plástico e explicou que o consumo actual des bolsas de plástico produce uns altos niveis de residuos dispersos que supoñen un uso ineficaz dos recursos, provocan contaminación e agravan o problema da presenza de residuos nas masas de auga, o que supón unha ameaza para os ecosistemas acuáticos.
Ángeles Vázquez demandou a implicación do conxunto da sociedade para acadar o obxectivo de reducir o consumo de bolsas de plástico lixeiro non biodegradable no horizonte 2025. Lembrou que esta meta é a que se dispón na normativa estatal, que recolle a Directiva Europea ditada en 2015 ao respecto e que establecía a redución dun 80% do uso destas bolsas no período 2015-2025. Nese sentido, calculou que que en 2025 cada persoa só debería utilizar un máximo 40 bolsas de plástico lixeiro non biodegradable ao ano.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126