Domingo, 21 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 19 de Junio de 2019 Tiempo de lectura:
BAIONA

A Xunta adxudica o servizo de explotación e mantemento da presa de Baiona

Este contrato ten como obxectivo realizar a conservación de todos os dispositivos de control, órganos de desaugue, accesos e demais instalacións, equipos auxiliares e sistemas de comunicación

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia  vén de adxudicar o servizo de explotación e mantemento da presa de Baiona por un investimento de preto de 200.000 euros.

 

Este contrato foi adxudicado á empresa, Ain Active SLU, que asume todas as tarefas vencelladas coa conservación e adecuado funcionamento da presa deste concello pontevedrés, así como dos seus equipos e instalación. A duración do contrato é de 24 meses.

 

Correspóndelle á adxudicataria a realización dos traballos necesarios de conservación de todos os dispositivos de control, órganos de desaugue, accesos e demais instalacións, equipos auxiliares e sistemas de comunicación.

 

A presa de Baiona encora as augas do río Baíña e está situada no ámbito territorial da Demarcación Hidrográfica Galicia Costa. Ten unha altura sobre cimentos de 43,50 metros e un volume encorado de 0,64 Hm3.

 

 

 

 

A presa de Baiona encora as augas do río Baíña e está situada no ámbito territorial da Demarcación Hidrográfica Galicia Costa

 

 

 

 

Trátase dunha das principais infraestruturas de abastecemento de auga deste concello, xa que dende este encoro cáptase a maior parte da auga que a súa poboación demanda anualmente.

 

Esta infraestrutura é explotada pola Xunta, a través de Augas de Galicia, que apoia ao Concello no desenvolvemento das súa competencias de prestación do servizo municipal de abastecemento.

 

Deste xeito, debido á asunción por parte da Xunta destas tarefas de mantemento e explotación da presa, o Concello como titular do abastecemento de auga no municipio de Baiona, debe aboarlle á Administración autonómica o canon de regulación previsto pola Lei para asumir os gastos do encoro.  

 

A Xunta vén de adxudicar tamén un contrato similar para a explotación e o mantemento da presa do Con, no concello de Vilagarcía de Arousa. E tamén prevé licitar un contrato semellante para a presa de Eiras, en Vigo, no caso de que o Concello desta cidade, titular do sistema de abastecemento rexeite asinar o convenio coa Xunta para asumir estas tarefas e evitar así o pago do canon de regulación previsto na lei.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.