Lunes, 09 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 19 de Junio de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Preto de 130 persoas participarán esta semana no programa “Depotermal 2019”

127 persoas de 5 concellos da provincia desfrutarán desta iniciativa da Deputación de Pontevedra que este ano vai a beneficiar a preto de 4.500 veciñas e veciños

Desde o pasado domingo e ata o vindeiro venres 21 de xuño, un total de 127 persoas da provincia maiores de 50 anos poderán desfrutar dunha nova edición do programa “Depotermal”, organizado pola Deputación de Pontevedra.

 

Máis polo miúdo, trátase da modalidade con pernoita na que participarán 127 persoas que virán dos concellos de Lalín, Vigo, Caldas de Reis, Pontevedra e Cangas. Así, aloxaranse en réxime de pensión completa, con accesos diarios aos circuítos termais, dende este domingo 16 e ata o vindeiro venres, 45 persoas no Hotel Louxo La Toja, 51 persoas no Hotel Spa Galatea e outras 31 persoas no Hotel Balneario Baños da Brea.

 

O programa de termalismo e saúde da Deputación de Pontevedra ten por obxectivos promover o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas maiores, impulsar o establecemento de novas relacións sociais, favorecer a participación en actividades que melloren o seu estado anímico, potenciar espazos de encontro e intercambio de experiencias e evitar o illamento e situacións de soidade. Ademais, o programa tamén permite dinamizar a economía da provincia, impulsando a creación e o mantemento de postos de traballo no sector turístico durante os períodos de menor actividade, desestacionalizando, así, a demanda.

 

Ao igual que nas anteriores edicións, “Depotermal 2019” conta con dúas modalidades: unha diúrna, mediante a que as persoas beneficiarias asisten aos establecementos termais durante cinco días consecutivos, e outra con pernoita, a través da que se ofrece unha estancia de seis días e cinco noites. Da asistencia diúrna vanse aproveitar 1.186 persoas, mentres que con pernoita haberá 3.233 persoas. En total, son 4.419 persoas beneficiarias.

 

“Depotermal” trátase dun programa de termalismo dirixido a persoas nadas antes do 1 de xaneiro de 1969. Esta iniciativa ten por obxectivos fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas, establecendo novas relacións sociais e favorecendo a participación en actividades que melloren o seu estado anímico, por medio de movementos que promovan espazos de encontro e intercambio de experiencias.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.