GALICIA
Feijóo garante a aposta de Galicia pola formación e salienta que a comunidade é pioneira na acreditación de competencias profesionais
Lembra que, desde 2009, case 62.000 persoas finalizaron actividades formativas apoiadas pola Xunta a través de políticas activas de emprego, ás que neste 2019 se están a destinar 225 millóns para mellorar e acreditar a cualificación
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o compromiso da Xunta coa formación e o emprego e destacou que Galicia é pioneira na acreditación de competencias profesionais con 12 convocatorias e máis de 12.500 títulos expedidos.
Durante o acto de entrega de acreditacións oficiais de cualificacións e certificados de profesionalidade, Feijóo fixo balance recordando que, desde 2009, case 62.000 persoas finalizaron actividades formativas apoiadas pola Xunta a través de políticas activas de emprego, ás que neste 2019 se están a destinar 225 millóns para mellorar e acreditar a cualificación dos traballadores.
Dentro desas iniciativas, referiuse ao Plan galego de formación 2019-2020, dotado con 57 millóns e que permitirá que máis de 26.000 persoas poidan mellorar a súa cualificación profesional.
Salienta que hoxe, en Galicia, 3 de cada 4 empregos son indefinidos e resalta que, desde xaneiro de 2014, se teñen recuperado máis de 117.000 empregos
“Todos estes esforzos estannos a situar no bo camiño”, afirmou, destacando que hoxe, en Galicia, 3 de cada 4 empregos son indefinidos, “e nunca houbo tantas mulleres cotizando á Seguridade Social”, dixo, subliñando ademais que desde xaneiro de 2014 se teñen recuperado máis de 117.000 empregos.
O presidente da Xunta concluíu felicitando ás case 1.000 persoas que hoxe recibiron o seu certificado de profesionalidade e acreditacións parciais, a través do recoñecemento da experiencia profesional, válidas a nivel nacional e que cualifican eidos como a atención sociosanitaria a persoas no domicilio, a atención sociosanitaria a dependentes en institucións sociais, servizos para o control de pragas, socorrismo en espazos acuáticos naturais e en instalacións acuáticas, extinción de incendios e salvamento, operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural, tanatopraxia, ou a confección e mantemento de artes e aparellos no eido marítimo pesqueiro. “Grazas por investir no voso futuro”, sentenciou.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126