Lunes, 22 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 20 de Junio de 2019 Tiempo de lectura:
BAIONA

Fabiola García destaca o valor da vela adaptada para fomentar a integración

Salienta o labor que fai o Monte Real Club de Iates para mellorar a calidade de vida deste colectivo

A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou o valor da vela adaptada para fomentar a integración e os hábitos saudables das persoas con discapacidade. Fíxoo esta semana na clausura e entrega de diplomas do curso anual que realiza o Monte Real Club de Iates de Baiona.

 

Fabiola García salientou o traballo que pon en marcha cada ano este club deportivo ao aproveitar a riqueza do mar para poñer en marcha actividades que impulsan, entre outros aspectos, a autoestima das persoas con discapacidade e a relación entre compañeiros.

 

Nesta liña, reivindicou que para facer de Galicia unha comunidade cada día máis acolledora con todas e todos é necesaria a implicación conxunta de entidades sociais, empresas e administracións públicas. Por iso, garantiu o apoio do Goberno galego con iniciativas como esta.


 
A conselleira de Política Social agradeceu aos centros e asociacións a súa participación neste curso de vela adaptada e felicitou aos seus usuarios por demostrar que non hai barreiras cando a ilusión e as ganas van por diante.

 

A Escola de vela adaptada realiza desde hai sete anos sesións de navegación con persoas que teñen limitada a súa autonomía persoal. Para elo utilizan embarcacións totalmente adaptadas para realizar saídas ao mar. Este ano ao redor de 140 persoas con discapacidade puideron formar parte deste curso.

 

Hoxe, como broche de ouro á iniciativa, entregáronse os diplomas acreditativos a todos os participantes. Nesta ocasión desfrutaron da experiencia usuarios do Centro de Educación Especial de Panxón, do centro Juan María de Nigrán, do Centro de Atención Persoas con Discapacidade de Redondela e da Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusclares (Asem Galicia).

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.