Lunes, 09 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 21 de Junio de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

“Camiño ao bo trato”, un proxecto formativo da Deputación e da Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos

A iniciativa está dirixida a homes e mulleres, colectivos, profesionais dos servizos sociais e profesorado e alumnado de centros educativos

A Deputación de Pontevedra vén de asinar un convenio de colaboración coa Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo para impulsar o proxecto “Camiño ao bo trato”. En total, o goberno provincial achega 6.000 euros a esta iniciativa da Rede de Mulleres encamiñada a formar e previr as violencias machistas e abordar de xeito integral a violencia de xénero.

 

O proxecto “Camiño ao bo trato” está enfocado a acadar un maior coñecemento dos procesos das violencias machistas para unha mellor intervención na praxe profesional e unha maior detección e comprensión.  Máis polo miúdo, o programa consta de dúas fases: a primeira, na que se presentará e divulgará a iniciativa, e unha segunda na que se van desenvolver as actividades de prevención e formación, ben a través de obradoiros na sede da Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo, ben nos locais dos colectivos participantes.

 

A iniciativa, impulsada pola entidade e o goberno de Carmela Silva, está dirixida a diferentes colectivos, dende mulleres e homes interesados na formación en xénero, ata profesionais de atención dos servizos sociais e profesorado e alumnado de centros educativos. Entre os seus obxectivos atópanse estender o coñecemento, comprensión e concienciación sobre as violencias machistas; favorecer a súa detección; afondar na necesidade dunha visión con perspectiva de xénero; adquirir habilidades para previr as violencias machistas; facilitar a intervención profesional, medios e instrumentos para a detección máis eficaz e operativa dos malos tratos exercidos a menores ou mulleres; incorporar modelos igualitarios e facilitar a comprensión da dinámica psicosocial dos malos tratos.

 

A formación que achega “Camiño ao bo trato” será teórica e práctica, con exercicios vivenciais que teñen por finalidade cuestionar os valores, actitudes e estereotipos interiorizados e desenvolver estratexias para a mobilización persoal e social e a súa aplicación no ámbito profesional.

 

A Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo leva desenvolvendo labores de prevención e asistencia a mulleres que sofren violencias dende 1998. Amais, dende a entidade tamén se organizan actividades de formación e información ás mulleres en materia de violencia de xénero, atendendo ás súas demandas e necesidades.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.