Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 23 de Junio de 2019 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

A concellería de Xuventude do Concello de Gondomar pon en marcha rutas de sendeirismo

[Img #54297]A concellería de Xuventude dirixida por Nuria Lameiro,  proponvos para dar comezo o mes de xullo unhas rutas de sendeirismo. O 3 de xullo levarase a cabo a “Ruta das Ánimas” visitando a Ponte das Ánimas, antigo muíño e coñecendo o entorno da ribeira. O 4 de xullo, “Ruta do Río Miñor” en dirección a Mañufe coñeceremos a paisaxe da ribeira e o seu entorno; e o 5 de xullo “ Tramo do Camiño da Nosa Señora do Norte” variante do camiño portugués que ven de Vilanova de Cerveira. Este tramo chega ao  Concello de Gondomar a través da  parroquia de Couso, na capela dos Remedios,  pasaremos polo Pazo do Conde de Gondomar.


O Obradoiro de Emprego Valiemprego III será o encargado de guiar estas rutas para dar a coñecer o noso patrimonio natural , arqueolóxico e etnográfico.  Esta actividade pode realizarse en familia, a partir dos 7 anos.
As rutas darán comezo as 10:00 da mañá, o punto de encontro e recollida será no parque da Coelleira. A recollida dos menores que veñan sen un adulto,  a partir das 12.00h.  Para participar nestas actividades tes que inscribirte presencialmente na OMIX do Concello de Gondomar ou chamar ao 986.369.746, ata completar aforo en cada unha de elas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.