GALICIA
Alumnos de Policía Local realizan prácticas de regulación do tráfico na Estrada
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o alcalde da Estrada, José López, achegáronse esta semana ata un dos puntos nos que están traballando
Un total de 103 alumnos da 11ª promoción de policía local da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) está a realizar durante esta semana prácticas de regulación do tráfico no concello da Estrada, especialmente nas saídas e entradas de colexios e institutos.
Trátase da primeira vez que este tipo de prácticas se realizan fóra das instalacións da Academia, un aspecto que estaba sendo demandado polo propio alumnado e polos concellos. Practicar con tráfico real -acompañados de monitores da Academia e coa colaboración da Policía local da Estrada- supón un avance moi importante para mellorar a calidade da formación que se imparte a estes profesionais.
Os alumnos da 11ª promoción están a formarse na AGASP desde o mes de abril e o vindeiro 12 de xullo comezarán as prácticas nos seus respectivos concellos.
Nova convocatoria de oposición centralizada
Onte mesmo o Diario Oficial de Galicia publicou unha nova convocatoria do proceso selectivo unitario para policías locais, que se centraliza na AGASP. Desta volta, convócanse 158 prazas (132 libres e 26 por concurso) para 28 concellos galegos.
O prazo para inscribirse nesta convocatoria comezará despois de que o anuncio se publique no Boletín Oficial do Estado nos próximos días e permanecerá aberto durante 20 días hábiles.
A día de hoxe xa son 70 os concellos que delegaron na Xunta de Galicia a selección do seu persoal de policía local.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126